Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense presentou o Piano Meeting, unha novidosa actividade que encherá de música de piano a finais do mes de setembro. De 12:00 a 20:00 horas, catro pianos emprazados noutros tantos lugares senlleiros da cidade (As Burgas, o Xardín do Posío, o Parque de San Lázaro e a Praza Maior) serán tocados sen descanso por, cando menos, 60 pianistas -profesionais ou afeccionados-, rematando cun gran concerto final na Praza Maior.

Ademais de certames coma o Pórtico do Paraíso, o Ciclo de lírica ou o Enclave de Cámara, “agora queremos sacar a música ás rúas, e que mellor que un piano para visibilizar esta aposta”, afirmaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación na Praza Maior.

Organizado conxuntamente polo Concello de Ourense, a Xunta de Galicia e Viaqua, o Piano Meeting “quere converter Ourense no maior auditorio ao aire libre”, en palabras de Javier Otero Neira, director artístico do Piano Meeting. O evento vai dirixido non só a pianistas solistas, senón tamén a agrupacións que teñan como membro principal ao piano, grupos de cámara con piano, combos de jazz con piano, canto e piano, etc. E, sobre todo, a todos cantos espontáneos se animen a tocar durante ese día.

  • Concurso para profesionais. Os participantes sairán dun concurso no que se deberán inscribir todos aqueles pianistas que queiran participar no de xeito profesional. A partir de aí escolleranse 20 persoas, que terán media hora reservada para tocar no festival. As bases do concurso, no que haberá premios de 1.000 e 500 euros, están xa a disposición de todo o mundo na páxina web do evento (prazo até o 30 de maio).
  • Obradoiros. Pero no Piano meeting ten cabida todo o mundo: haberá obradoiros para neófitos do piano, nos que recibirán unha breve clase para conseguir tocar algo no momento. Haberá oportunidade para que a xente da rúa, con coñecementos suficientes para tocar o piano, participe, e poida apuntarse.
  • Concerto final. A última fase deste piano meeting será un concerto final na Praza Maior ao remate do día, pero non un concerto ao uso. Haberá dous pianos, e 4-6 pianistas que se irían intercambiando durante o concerto. O repertorio escollido poderían ser os grandes éxitos da música clásica adaptados para dous pianos a oito mans para que os ourensáns que se dean cita na praza poidan gozar desta exhibición.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.