Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense iniciará o sábado 27 de maio unha nova proposta de lecer para as fines de semana: “Noite de cine na rúa”, un ciclo de 4 proxeccións dunha escolma de películas de cine internacional que se realizarán os sábados ás 22:00h na Praza Maior (escalinata de Santa María Nai) e no bulevar termal das Burgas.

Son pases gratuítos de películas de especial interese, elixidas pola súa temática e calidade artística, no marco de programa de actividades de lecer para a mocidade “Ociourense Xove 2017”. O inicio de “Noites de cine na rúa” estaba previsto para o día 29 de abril, mais tivo que adiarse por mor da chuvia, e retómase agora durante 4 sábados consecutivos.

 

Sábado, 20 de maio, 22:00 horas, Praza Maior (escalinata de Santa María Nai)

A lección, Kristina Grozeva e Petar Valchanov (Hungría, 2014)

Sinopse: Nun pequeno pobo de Bulgaria, Nadezhda, unha nova profesora, trata de descubrir ao alumno que rouba na súa clase, de maneira que poida ensinarlle unha lección acerca do que está ben e o que está mal. Pero cando se endebeda cuns prestamistas sen escrúpulos empeza a cuestionarse ela mesma cal é o camiño correcto.

 

Sábado, 27 de maio, 22:00  horas (Bulevar termal das Burgas)

La nostra vita, Daniele Luchetti (Italia, 2010)

Sinopse: Claudio é un albanel que está moi namorado da súa muller e espera a chegada do seu terceiro fillo. Con todo, cando un golpe inesperado do destino cambia a súa vida, Claudio afrontará con rabia a inxustiza persoal e social que se abateu sobre el.

 

Sábado, 3 de xuño, 22:00 horas, Praza Maior (escalinata de Santa María Nai)

Anomalisa, Charlie Kaufman, Duke Johnson (EE.UU, 2015)

Sinopse: A película ten por protagonista a un motivador profesional que, canto máis axuda á xente, máis monótona e anódina é a súa vida; todo o mundo parécelle e sóalle igual. Ata que a voz dunha moza sóalle diferente e está disposto abandonalo todo e a todos por alcanzar a felicidade con ela. Película de animación escrita por Charlie Kaufman

 

Sábado, 10 de xuño, 22:00 horas (Bulevar Termal das Burgas)

A cidade dos nenos perdidos, de Jean-Pierre Jeunet, Marc Caro (Francia, 1995)

Sinopse: Sobre unha plataforma mariña perdida na néboa, o malvado Krank envellece prematuramente, pois carece dunha calidade esencial: a facultade de soñar. Por esta razón, rapta aos nenos da cidade para roubarlles os seus soños.

 

18 actividades de lecer saudable

Oicourense Xove, na súa sétima edición agrupa un total de 18 actividades saudables dirixidas a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos de idade para o seu tempo de lecer. Será durante as fins de semana dos meses de abril, maio e xuño, e inclúe campos tan diversos como o deporte, a música, a fotografía, o baile, o cinema ou a cociña, entre outras. Todo cunha oferta de doado acceso e moi diversificada para encaixar con posibles afeccións e adecuada aos momentos de venres e sábado.

Toda a información está na web www.ociourense.es

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.