Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Capturar a arte das rúas de Ourense e plasmala sobre o lenzo e na cámara de fotos é o obxectivo da terceira edición dos concursos de Pintura Rápida e do Maratón de Fotografía Cidade de Ourense, que se celebrarán as vindeiras fines de semana (27 de maio e 3 - 4 de xuño respectivamente) na nosa cidade. Con preto de 5.000 euros de premios en metálico, as dúas actividades concíbense coma o mellor xeito de darlle visibilidade á arte urbana e de dinamizar a vida cultural en Ourense.

Pintura rápida

O concurso de Pintura Rápida celebrarase o sábado 27 desde as 9:00 horas da mañá, momento no que a organización -agrupación de artistas de Ourense, LADDO- comezará a selar os soportes: un por participante, montado sobre bastidor ou estrutura ríxida e inferior aos 120cm. no seu lado máis longo. Os interesados, que deberán inscribirse no enderezo concursopintura[arroba]ourensecultura.com ou na mesma sala Valente até as 11:30 horas, deberán entregar os traballos entre as 16:00 e 17:00 horas no espazo expositivo da rúa do Paseo, onde serán expostos até as 21:30 horas.

O xurado considerará a orixinalidade das obras, a calidade técnica e a calidade artística. Os premios serán os seguintes: un primeiro premio de 1.200 euros, un segundo de 600 euros e un terceiro de 400 euros, así como 3 mencións especiais de 100 euros.

Maratón de Fotografía

Para a fin de semana seguinte, a Concellería de Cultura abre o concurso a todos os entusiastas da fotografía que queiran probar o seu talento botando un pulso na rúa. Baixo o paraugas da fotografía urbana, as propostas deben ser capaces de ser avaliadas de forma conxunta coma unha serie.

Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de idade, que formalicen a súa inscrición, de forma gratuíta, no punto de control emprazado na sala Valente entre as 11:00 e as 11:45 horas ou a través do enderezo de correo fotomaraton[arroba]ourensecultura.com. Ás 12:00 horas darase a saída co primeiro dos temas propostos pola organización, e así ata en catro ocasións. As imaxes serán entregadas no punto de control antes das 11:00 horas do domingo 4. As fotografías deberán facerse nos límites do Concello de Ourense, para o que os participantes poderán empregar o transporte público de balde.

O xurado considerará a coherencia da serie fotográfica, a orixinalidade, a calidade técnica e artística. Os premios serán os seguintes: 1.000 euros para a mellor serie fotográfica, 500 para a segunda mellor e 300 para a terceira; ademais haberá 4 mencións especiais de 100 euros á mellor fotografía de cada tema.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.