Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Sarabela Teatro estrea, este venres 15 no Auditorio Municipal desde as 21:00 horas, a súa última obra: O Rei morre, unha versión libre do texto orixinal de Eugene Ionesco que conta coa dirección de Ana Vallés. A dramaturga, que define a obra coma “unha metáfora do tirano que se aferra ao poder”, presentou een rolda de prensa a súa última proposta coa asistencia do elenco de Sarabela, do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e do director da Agadic, Jacobo Sutil.

O rexedor destacou que “Sarabela Teatro, premio da Cultura Galega nas Artes Escénicas 2016, vai camiño de ser patrimonio cultural desta cidade” logo xa de “36 anos con nós descubríndonos a autores como Calderón, Lorca, Blanco Amor, Kundera ou, coma neste caso, a Eugene Ionesco, mestre do teatro do absurdo”. Vázquez Abad animou igualmente aos ourensáns a acudir ao Auditorio para gozar “dunha das metáforas dramáticas máis profundas e implacables sobre a vida e a morte do ser humano”, dixo, “un ambicioso ensaio sobre a aprendizaxe e a aceptación da morte interpretado a través do traballo do corpo, dos textos e da linguaxe non verbal que supón a posta en escena”.

O Rei morre está dirixida por Ana Vallés, directora de teatro e actriz, cofundadora de Matarile Teatro e que, entre outros, ten galardóns coma o premio de honra ABRENTE da mostra internacional de teatro de Ribadavia (MIT). Na parte interpretativa están o elenco composto por Fonso Míguez, Fina Calleja, Sabela Gago, Nate Borrajo e Fernando Dacosta. Este último salientou que “entrar na poética de Ana Vallés é un regalo para todos nós pola precisión e o traballo co corpo”, dixo. Pero tamén destacou o carácter educativo e divulgativo desta “obra parateatral”.

A estrea de Sarabela supón unha excelente noticia para a cultura e para a vida cultural desta cidade, que abre o telón de actividades coma o Piano Meeting, o ciclo de lírica, o OUFF, o Enclave de Cámara ou a Fito, tamén no eido das artes escénicas, “que fan de Ourense unha cidade viva, un depósito da cultura e un lugar fantástico para descubrir e gozar de todo o talento acumulado”, incidía Jesús Vázquez.

Venres 15 ás 21:00 horas

A estrea de O Rei morre será este venres ás 21:00 horas no Auditorio de Ourense (entradas á venda en ataquilla.com e na propia billeteira dúas horas antes da función, que se repetirá o sábado 16 e o domingo 17 en horario de 20:30 horas. Sarabela volverá ás táboas con O Rei morre os vindeiros 29 e 30 de novembro e 1 de decembro.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.