Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A quinta tempada do ciclo de música clásica Enclave de Cámara traerá a Ourense, na súa cita mensual -a primeira cita será o mércores 4 de outubro- un amplo repertorio desde o último barroco á contemporaneidade interpretado por músicos de primeiro nivel internacional.Na presentación en rolda de prensa, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez salientaba “a inesgotable paixón divulgativa deste programa, pero non só para os clásicos senón para as propostas máis arriscadas e innovadoras”. Precisamente era ese “valor didáctico” o que destacaba a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, de todas as propostas da área de Cultura.

Grazas á inestimable cooperación da Deputación de Ourense, o Teatro Principal acollerá “unha programación heteroxénea, tanto en compositores como intérpretes, cun amplo abano de estilos que van desde as Catro Estacións de Vivaldi até as composicións de Fernando Guridi coa solista Cristina Pato ao piano”, relataba Patrick Alfaya, asesor de programación do Enclave de Cámara. Nesta nova aposta do concello de Ourense pola música clásica procurouse facer unha proposta ampla e atractiva que inclúe pezas de Bach, Haydn, Mozart, Beethoven, Rossini, Schumann, Brahms, ata os máis contemporáneos como Bloch, Nielsen, Reicha, Stravinsky, Piazzola, ou o catalán Cassadó.

Obras para diferentes épocas e estilos, e tamén para diferentes formatos. Así, pasarán polo Teatro da rúa da Paz cuartetos, dúos, quintetos ou sextetos, para terminar co recital duns dos pianistas máis recoñecidos da actualidade: Nikolai Lugansky. Pero tamén haberá espazo para os intérpretes galegos como son os solistas de vento da Sinfónica de Galicia e Cristina Pato, que estará xunto a un músico tan versátil como Nicholas Cords interpretando a Guridi, “un dos mellores compositores contemporáneos”, en palabras de Patrick Alfaya.

A primeira cita será o mércores 4 de outubro co cuarteto de corda Dalia Quartet con prezos que oscilan dos 5 aos 8 euros. Toda a programación en: www.enclavedecamara.com

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.