Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Un dos referentes da música de cámara en España – o Dúo Cassadó – actuará o mércores 7 de febreiro no Teatro Principal de Ourense cun programa ecléctico e dinámico interpretando tanto a románticos alemáns como obras de Piazzola, Bloch ou Gaspar Cassadó.

O dúo formado por Damián Martínez Marco (violonchelo) e Marta Moll de Alba (piano) leva máis de 15 anos contaxiando a súa emoción pola música clásica española ao público. Temperamento, orixinalidade e carisma son calidades dun dúo que, grazas á súa exquisita musicalidade e sensibilidade, conta co recoñecemento da crítica internacional.

Coma homenaxe a Gaspar Cassadó, un dos grandes compositores cataláns do S.XX, o dúo tomou nome e forma no ano 2000 e dende entón non parou de acaparar premios e de tocar en recitais e festivais por todo o mundo.

Tamén publicaron dous discos: Rapsodia del Sur (2014), elixido coma un dos discos do ano e galardoado co “Melómano de Oro” e Rojo (2017) que ademais inclúe a primeira gravación mundial da Fantasía Española do compositor Ernesto Halffter escrita en 1953.

Damián Martínez Marco, considerado un dos mellores violonchelistas da súa xeración foi, entre outros, recoñecido e apoiado por Mstislav Rostropovich. Marta Moll de Alba, pola súa banda, ten percorrido as salas de concertos máis prestixiosas do mundo especializándose academicamente no repertorio español e na investigación do patrimonio musical. O Dúo Cassadó foi, de feito, recomendado por Alicia de Larrocha coma o máis brillante dúo representante da música de cámara de España.

No recital que ofrecerán en Ourense, interpretarán a Sonata Arpeggione de Schubert (1797-1828) escrita un ano despois do invento deste instrumento e catro antes da morte do compositor. Obras tamén de Schumann, Ernest Bloch, Gaspar Cassadó e, pechando o programa, o Gran Tango de Astor Piazzola, peza virtuosa cunha rítmica que define o “estilo Piazzola” e que bebeu ademais das fontes do jazz e das súas síncopes.

ESCORBA AO XINGRO! (no barallete dos músicos, “Escoita ao músico!”)

Unhas horas antes do recital, ás 16.00 h no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, o Dúo Cassadó asistirá a un encontro aberto co público no que falarán da súa experiencia como músicos de cámara e responderán ás preguntas dos asistentes. Entrada libre.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.