Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense ven de presentar a programación das Festas de Ourense 2018, que “contarán con máis de máis de 90 actividades pensadas para todas as idades e sensibilidades” e que ofrecerá unha especial atención “a música feita made in Galicia”.

Así o confirmou hoxe o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación, xunto a concelleira de Cultura Belén Iglesias, do programa festivo que “dará o seu pistoletazo de saída o sábado 23 de xuño, ás 22:00 horas, co pregón da artista ourensá Cristina Pato”.

“Concertos, atraccións, actividades infantís, teatro de rúa, propostas gastronómicas e un intenso calendario de citas deportivas farán que cada día teñamos unha chea de opcións para escoller, abundou o rexedor.

Este ano están programados un total de 39 concertos en diversos escenarios da cidade como a Praza Maior, as prazas de San Martiño e do Ferro, a Alameda do Bispo Cesáreo e o Xardín do Posío.

Na programación haberá “nomes de primeira liña” como Sidonie ou Rosendo Mercado, pero “a nosa aposta máis importante vai ser pola música “made in Galicia”, dixo Jesús Vázquez.

O alcalde explicou que este ano se porá especial énfase “en reivindicar e dar a coñecer ós artistas galegos” a través de varios concertos na Praza Maior, coma o espectáculo Sons da Auria a cargo dos ourensáns Silvia Alonso, Daniel Minimalia e Emilio Rúa (o 27 de xuño); e as actuacións de Xestreu e Treixadura (o 28 de xuño) e de Guadi Galego, o sábado 30 de xuño.

A cativada volverá a ser protagonista do teatro programado na Praza do Bispo Cesáreo. Entre o 25 e o 29 de xuño haberá actuacións en horario de mañá e de tarde.

O alcalde insistiu na aposta do Concello “pola rúa coma o mellor escenario”, a través da celebración de verbenas “coas mellores orquestras de Galicia”; a celebración da Feira Histórica (dende o 28 de xuño) e cunha nova edición da tradicional Batalla de Flores, recuperada polo actual Grupo de Goberno.

Como novidade, este ano terá lugar, o sábado 30 de xuño, o espectáculo Midnight Paint Party, un evento que aposta por unha mestura da música de recoñecidos DJ’s con actividades de pintura.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, resaltou o traballo do seu departamento para “dar resposta aos gustos de todo tipo de persoas e idades”.

Iglesias destacou que este ano a celebración da XXI Edición do “Ourense Dance”, o venres 29 de xuño ás 23:00 horas no Xardín do Posío “este ano ten como eslogan Non ao acoso escolar, non ao bullyng”.

A programación

A programación das Festas pode consultarse na web da Concellería de Cultura 

Programacion das Festas de Ourense 2018 (pdf)

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.