Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Máis de 13.000 veciños da cidade utilizaron os servizos e equipamentos deportivos municipais ao longo do ano 2016. Son en total, 7.247 deportistas de 57 clubs e 5.900 persoas abonadas ao Pavillón. Estas cifras reflicten unha penetración social dos servizos municipais dun 12,40%, que resulta superior ao promedio de España (10,20%). As horas de uso ascenderon a 32.940 anuais, das que o 36,98% se realizaron no Pavillón dos Remedios.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, explicou estes datos na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local, na que se deu conta do informe sobre os servizos prestados nos equipamentos deportivos municipais ao longo de 2016.

As enquisas realizadas aos usuarios poñen de manifesto unha alta valoración dos servizos prestados (o 75% das persoas responderon que foron do seu agrado) e tamén de fidelización, xa que o 75% dos usuarios superan os dous anos de estadía.

O Consello Municipal dá servizo aos abonados durante 503 horas semanais, incluíndo aperturas dos vasos, spa, cursiños de natación para nenos e adutos, sala de musculación e actividades dirixidas.

A instalación máis usada neste recinto é a piscina de 50 metros, con 3.998,50 horas por ano, incluídas as competicións, seguida do Anexo, recentemente reformado, con 2.836. 475 nenos e adultos realizaron cursos de actividades acuáticas de iniciación ou perfeccionamento.

O Consello Municipal tamén concedeu axudas a 66 deportistas individuais, a 78 clubs deportivos de distintas disciplinas e destinou 100.000 euros a apoio a eventos e manifestacións deportivas. O reto actual -subliñou o alcalde- é mellorar as instalacións existentes a e fomentar a ampliación do tecido asociativo para chegar a máis veciños

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.