Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Un total de 150 nadadoras dos sete clubs de Galicia (o Portamiñá de Lugo, o Rías Baixas de Vigo, Sincro Pontevedra, Sincro Ferrol, Galaico Sincro de Pontevedra, Real Club Náutico de Vigo e o Sincro Ourense, organizador da cita xunto coa Federación Galega de Natación) competirán este sábado na piscina Rosario Dueñas no Campionato Galego de natacion sincronizada.

A competición, presentada no salón de plenos do Concello de Ourense, contará coa participación de 30 deportistas locais.

“Ourense estase a converter en referente deste tipo de competicións”, asegurou o alcalde, Jesús Vázquez, durante a presentación. Non en van, son os terceiros campionatos galegos que se celebran nas augas de Ourense nos últimos meses e, neste caso, servirán como preparatorio para os campionatos de España de sincronizada.

Cada equipo presentará tres coreografías: unha en categoría alevín, outra en categoría infantil e outra en categoría junior-absoluta e, en total, serán 18 os combos participantes. É dicir, que “durante a coreografía deberá haber solos, dúos, tríos, etc. ademais do exercicio de sincronización coral”, explicaba a presidenta do Club Sincro Ourense, Luz Abadín. “Un espectáculo visualmente imperdible”, concluía o rexedor.

A competición disputarase este sábado 18 a partires das 16:45 horas, e previamente haberá un quecemento oficial con pase de música.

A cita será “o mellor escaparate para demostrarlle ao público todo o que se traballa neste deporte”, aseguraba Abadín na presentación.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.