Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Consello Municipal de Deportes convoca axudas que darán apoio a deportistas de Ourense que participen en competicións oficiais de carácter individual. O Boletín Oficial da Provincia do 24 de agosto publica a convocatoria das bolsas, co que se abre un prazo de 2 meses desde o venres, 25 de agosto, no que interesados e interesadas poden presentar as súas solicitudes, no Rexistro do Consello Municipal de Deportes (Avenida Pardo de Cela, 2).

Na sesión do Consello Reitor do 27 de xullo de 2017 aprobouse a convocatoria de Bolsas a Deportistas individuais 2017. Esta convocatoria conta cunha partida de 25.000€ para este fin, provintes dos orzamentos do Consello Municipal de Deportes.

A concesión das bolsas realizarase polo sistema de concorrencia competitiva. As bases que rexen o procedemento son as aprobadas o 24 de abril de 2015 e valoran os resultados deportivos acadados ao longo da tempada 2016. A información sobre o proceso de solicitude pódese consultar na páxina web do Consello Municipal de Deportes: www.deportesourense.com, onde poderán descargar as Bases e Anexos da convocatoria.

A convocatoria está dirixida a deportistas que destaquen en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades. As axudas serán de dous tipos e contías máximas:

  • De iniciación: destinadas a deportistas menores de 18 anos (incluídos), cuxa contía máxima será de 1.200 €.
  • De cualificación: destinadas a deportistas que presenten unha traxectoria deportiva relevante, cuxa contía máxima será de 1.400 €.

Na convocatoria anterior presentaronse 77 solicitudes. Destas, 63 deportistas desfrutaron das axudas. Con estas bolsas o Consello Municipal de Deportes e o Concello de Ourense busca darlle apoio aos deportistas e ás deportistas de Ourense practicantes de disciplinas individuais para cubrir parte dos importantes custos que ocasiona a competición de nivel.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.