Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Descenso Urbano - Mercedes Benz (DHU) polas rúas do Casco Histórico é o evento de apertura do Pulpo Extreme, que este ano alcanza a súa segunda edición. Transcorrerá pola zona vella da cidade de Ourense, cruzando a Praza Maior e terminando nas Burgas.

Celebrarase o día 9 de Setembro de 2017 co seguinte horario:

  • 09.30 - 14,00 horas Recollida de dorsais na saída da carreira.
  • 10 - 14,00 horas Adestramentos libres
  • 15 - 16,30 horas Manga clasificatoria (best trick)
  • 17 - 18.,0 horas Manga final
  • 19,00 horas - Entrega de premios na Praza Maior

As apuradas de freada ao límite, os descensos por escaleiras e os saltos artificiais creados para a ocasión farán correr a adrenalina polo centro da cidade achegando o festival a todos os ourensáns, para, pasando pola Praza Maior -cun salto de máxima dificultade e espectacularidade -, acabar nun dos lugares máis emblemáticos da cidade: a Fonte das Burgas.

Esta arriscada e espectacular proba -un descenso desde Carmelitas ata as Burgas, repleto de saltos, baixadas de escaleiras, muros de pedra e rúas estreitas- contará con campións da talla de José Borges e Édgar Carballo.

O Concello de Ourense anima a veciños e visitantes da cidade para que aproveiten a oportunidade de contemplar unha actividade única e espectacular que encherá de vida as rúas e prazas peonís do Casco vello da Cidade. Pola súa banda, o Concello prega que os residentes desculpen as molestias ocasionadas por esta actividade, que obrigará a restrinxir o paso polas zonas peonís nas que se desenvolva a proba.

Máis Pulpo Extreme indoor

O Pulpo Extreme continuará coas probas indoor os días 28, 29, 30 de setembro de 1 de outubro en Oira. No polideportivo municipal celebraranse as probas de skate, roller, quad, BMX, scooter, graffiti, breakdance e Djing. Este certamen sitúa a Ourense no circuito nacional de festivais de cultura urbana e deportes extremos. Na primeira edición deste certame, achegáronse 17.000 persoas a presenciar as probas nas que participaron 150 deportistas e afeccionados a estas disciplinas.

Participantes destacados

José Borges -Móstoles (Madrid). Disciplinas: DHU, BMX. Campión Nacional DHU; Campión Nacional DH; Tres veces Campión Nacional Enduro BTT; Catro veces Vencedor do Marisquiño; Vencedor Taça de Portugal DH; Top 20 Enduro World Series.

Édgar Carballo En 2017 quedou 2° no gran premio Marzocchi en Barcelona con nivel internacional, gañando tamén o open de España de descenso; primeiro clasificado en Alcaudete (Jaén) na copa de España e recentemente alzouse co certamen El Marisquiño en Vigo.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.