Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Desde o 14 de febreiro estanse a colocar os novos bancos no campo de fútbol Miguel Angel do Pavillón dos Remedios. Un total de 600 é a cantidade de asentos que cubrirán a grada cuberta dunha instalación na que hai uns meses renovábase a herba sintética, que tamén se renovou no campo de Oira. A mellora de ámbolos dous campos permitiu, tamén, obter o certificado FIFA4 e que se poidan realizar partidos de maior nivel competitivo.

Esta actuación, en beneficio dos máis de 1.600 espectadores que cada semana pasan a presenciar partidos ou adestramentos, nace froito do convenio firmado entre o Concello de Ourense e a Federación Galega de Fútbol, por importe de 80.000 euros, para financiar os proxectos.

Os campos de fútbol dos Remedios e Oira locen desde finais de novembro novo céspede artificial, con nivel de calidade certificado pola Federación Internacional de Fútbol, logo das obras de remodelación realizadas polo Consello Municipal de Deportes.

Estas obras, xunto á instalación da nova bancada na grada cuberta de Os Remedios, “dan resposta a unha perentoria necesidade, dado o deterioro acumulado polas instalacións, pola súa antigüidade e polo uso. Supoñen tamén un importante salto de calidade, xa que garante as mellores condicións para 1.600 deportistas que utilizan cada semana as instalacións. Grazas ao selo FIFA Quality Pro, ambos campos poderán ser escenario de partidos de fútbol internacional”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez.

O céspede artificial, grazas á súa resistencia ante calquera condición meteorolóxica e frecuencia de uso tense consolidado como unha óptima alternativa á herba natural, moi útil para fomentar a práctica do fútbol. Xa que a calidade dos distintos sistemas dispoñibles no mercado varían considerablemente, para practicar fútbol só se admiten superficies sintéticas que superen as correspondentes probas de laboratorio e sobre o terreo conforme a estritos criterios do Programa de Calidade da FIFA: prestacións, seguridade, resistencia…

Para certificar o céspede artificial válido para fútbol, FIFA outorga o selo FIFA Quality a superficies que cumpren a normativa para terreos de uso comunitario e de fútbol amateur, mentres que o distintivo FIFA Quality Pro, pola súa banda, garante as mellores prestacións de xogo para o fútbol profesional, e é a que se vén de instalar nos campos de Ourense.

O importe final das obras realizadas ascendeu a 219.802,68€ nas obras de Oira e de 201.308.21€, procedentes dunha modificación de crédito do remanente de tesourería do Consello Municipal de Deportes.

As obras foron financiadas integramente polo Consello Municipal de Deportes, con fondos procedentes de remanente de tesourería, por acordo unánime de todos os grupos políticos integrantes do consello reitor, e contaron coa colaboración da Federación Española de Fútbol. Dan resposta á demanda de equipos e deportistas, ocasionadas polo deterioro acumulado ao longo dos anos (o campo de Oira é do ano 2001 e a dos Remedios é de 2006).

Os prazos de execución cumpríronse estritamente. Deste xeito, os clubs que dos campos fan uso, non tiveron que modificar súas programacións da tempada a pesares das obras. A maiores das obrigas do contrato por parte da adxudicataria, esta está o mantemento dos pavimentos os vindeiros cinco anos, feito este que redundará na vida útil destas instalacións.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.