Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes aprobará hoxe a redacción do proxecto dun novo skatepark para Ourense. Esta iniciativa, acordada con todos os clubs deportivos desta disciplina na cidade, foi presentada na xunta de goberno local celebrada esta mañá. “A día de hoxe, e tal e como figura no informe de necesidades deste expediente, as instalacións deportivas existentes para a práctica desta actividade deportiva atópanse obsoletas, e dificilmente reúnen as condicións de seguridade mínimas”, aseguraba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, en rolda de prensa. “Por outra banda é unha das grandes demandas dos colectivos que practican estas disciplinas como así se deixou constancia nos distintos Plenos”, dixo o rexedor.

Na procura de posibles candidatos para a redacción do proxecto, consultóuselle aos colectivos que practican esta actividade na nosa cidade, e despois comprobouse a experiencia deses posibles candidatos na construción de skateparks a nivel nacional, segundo o informe presentado esta mañá.

As premisas para redactar foron as seguintes: “Debe incluír zona de street, bowl e pumptrack derivado das continxencias deste tipo de espazos que expuxeron os distintos colectivos”, explicaba Vázquez Abad.

Pero tamén adaptarse ao espazo municipal asignado, consistente nunha superficie chan duns 800-900 metros cadrados. A zona elixida, segundo idoneidade dos estudos sectoriais e demandas dos colectivos foi o parque fronte ao Centro de Saúde do Couto, entre a N120 e a rúa Velázquez.

O proxecto vai incluído dentro da 2ª fase de acondicionamento da contorna da Ponte Romana e o investimento, de 150.000 euros aproximadamente, será asumido pola Xunta a través da Axencia Galega de Infraestruturas.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.