Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Ourense, 27 de xuño de 2018.

O Pavillón Municipal dos Remedios acollerá os días 30 de xuño e 1 de xullo o XVII Campionato Internacional Cidade de Ourense de Wushu, que contará coa participación da selección de China, gañadora das Olimpíadas Asiáticas e considerada a mellor do mundo.

Durante a súa estancia na cidade, o equipo chinés ofrecerá tamén un espectáculo no Auditorio Municipal (o domingo, ás 19,00 horas) e un curso de especialización para deportistas de base e de alto nivel.

A competición contará coa participación de 12 comunidades autónomas, de Portugal, Andorra, Romanía e Colombia. Ao longo de dous días os deportistas competirán nas modalidades de combate e formas. A entrada será libre.

O acto de inauguración será o sábado, ás 17,00 horas, cunha exhibición na que está prevista a participación de máis de 200 deportistas de toda Galicia, pero na que o prato forte vai ser a actuación da selección chinesa “o mellor equipo do mundo de wushu, cuxas actuacións son seguidas na China coa mesma paixón que espertan en occidente os músicos ou actores de cine”.

Así o destacou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación deste evento nun acto que contou coa presenza do concelleiro de Deportes, Mario Guede; o director do Departamento Galego de Wushu e organizador da proba, José Gago; Manuel Pérez, da secretaría xeral para o Deporte e Bernardino González, asesor de Deportes da Deputación.

Ademais da súa participación no torneo, a selección chinesa ofrecerá un espectáculo de artes marciais, acrobáticas e taichi o domingo, 1 de xullo, ás 19,00 horas no Auditorio Municipal.

Do día 2 ao 6 de xullo a selección de China e os seus profesores compartirán os seus coñecementos con deportistas de base e de alto nivel de Galicia, nas instalacións do anexo do Pavillón dos Remedios.

“Vai ser unha oportunidade para seguir sementando na nosa cidade a paixón por este deporte”, explicou Jesús Vázquez, que tamén recordou que na actualidade Galicia “é a mellor selección a nivel nacional, e os seus deportistas están a competir e gañar medallas nas competicións internacionais máis importantes”.

O rexedor agradeceu ao organizador José Gago pola oportunidade para crear canteira neste deporte, e pola súa implicación para que Ourense conte cun torneo internacional.

Tamén o concelleiro de Deportes, Mario Guede, resaltou que Ourense conta con deportistas de wushu “con brillantes actuacións a nivel nacional e europeo”.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.