Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A Mostra de teatro de secundaria, a MOTECES, celebra a súa décimo sexta edición do 2 ao 12 de maio de 2017 no Salón de Actos da Escola Municipal das Artes Escénicas. Participan un total de 9 grupos formados por alumnos de Ensino Secundario de 9 centros: os IES Xesús Ferro Couselo, E. Blanco Amor, Universidade Laboral e As Lagoas, o CIFP Carballeira, e os CPR Sto. Ángel, Divina Pastora, Divino Maestro e Sta. Teresa de Jesús

A MOTECES é unha das actividades de teatro máis importantes organizadas integramente desde a Concellería de Educación e ten como obxectivo principal que os grupos de teatro escolares da cidade teñan a oportunidade de actuar sobre un escenario real e así poder poñer en práctica todo o aprendido, froito do esforzo e de moitas horas de ensaio e que mellor lugar para facelo que na Escola Municipal das Artes Escénicas de Ourense xa que é onde se imparten clases de música e teatro dirixidas a toda a cidadanía.

A concelleira e Educación, Belén Iglesias, resalta que "esta mostra vai máis aló dunhas meras representacións, xa que durante estes nove días, moveremos uns 1100 alumnos e alumnas de Secundaria que asistirán como público xa que é importante para nos formar espectadores críticos e animar o alumnado a practicar teatro", afirma. "O teatro é unha ferramenta moi útil en moitos aspectos da vida e na formación das persoas".

Concurso de carteis

Como actividade paralela a esta mostra levouse a cabo o V Concurso de deseño de carteis MOTECES, do que saíu o cartel anunciador da mostra este ano que foi realizado por unha alumna de ESO do CPR A Purísima.

Presentáronse un total de 38 traballos e o agasallo á autora deste cartel será entregado no acto de clausura da MOTECES o día 12 de maio ás 13:00 horas, logo da última representación da mostra.

Calendario de actuacións

Todas as representacións serán ás 12:00 horas, excepto a clausura, que dará comezo ás 11:30 horas.

  • 2 de maio: Inauguración co grupo de teatro "Caixadesastre" do CPR Sto. Ángel coa obra "O Golpe" dirixida por Andrés R. Yáñez e con público asistente do CPR Sta Teresa de Jesús e IES Univ. Laboral
  • 3 de maio: Compañía "Xogos Florais2.0" do CPR Divina Pastora coa obra" A Casa Encantada" dirixida por Román Godás e con público do IES Lagoas
  • 4 de maio: Grupo "Quinto Teatro" do IES Xesús Ferro Couselo coa obra "El mago De Oz" dirixida por Marga Varela e público do CPR Sto.Ángel
  • 5 de maio: Grupo "Vedruna Teatro" do CPR Sta. Teresa de Jesús coa obra "Se Suspende la Función" dirixida por Pablo Silva e público asistente do IES Xesús Ferro Couselo e do CPI José G garcía ( mende)
  • 8 de maio: Grupo "Divino Maestro Teatro" do CPR Divino Maestro coa obra "¡Hip-Hip-Hurra!" dirixida por Pablo Silva e con público do CPR Divino Maestro
  • 9 de maio: Grupo de teatro do IES As Lagoas coa obra "Amelie" dirixida por Ledicia Álvarez (Lele) e con público asistente do CPR Divina Pastora e do CPI José G García (Mende)
  • 10 de maio: Grupo de teatro "A Espiral da Vergoña" do IES Universidade Laboral coa obra "A Illa Marela" dirixida por Matilde Vázquez e con público do CPR Sto Ángel e da Universidade Laboral
  • 11 de maio: Grupo de teatro "Acto Blanco" do IES Eduardo Blanco Amor coa obra "Sobreviviré" dirixida por Marga varela e con público asistente do IES E Blanco Amor
  • 13 de maio: Clausura (11:30 horas) Grupo de teatro "Os Carrabouxos" do CIFO Carballeira coa obra "8 Mujeres" dirixida por Marga Varela e con público asistente de IES O Couto e do CPI José G García (Mende). Posteriormente (13:00h) terá lugar a entrega de agasallos a todos os grupos de teatro participantes e á gañadora do V Concurso de deseño de carteis da MOTECES

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.