Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

 

Ourense, 28 de abril de 2018

As Escolas Municipais do Concello de Ourense abren o prazo de pre inscrición de matrícula para o curso 2018/2019, dirixido a escolares e persoas adultas en diferentes módulos, desde o 2 até o 10 de maio -un mes antes do que nos últimos anos-. As persoas interesadas poden recoller os impresos para a solicitude na Concellería de Educación (praza de San Martiño, 2) ou na Oficina de Atención ao Cidadán, na planta baixa da Casa do Concello.

Escola Municipal de Teatro

A escola de teatro impartirá os cursos de iniciación, perfeccionamento, e montaxe, para adultos, e iniciación ao teatro de 4 a 7 anos, de 7 a 11 anos ,de 11 a 14 anos e 14 a 18 anos, para público infantil.

O obxectivo principal é achegar os alumnos ao mundo teatral e á experimentación da arte teatral mediante traballos prácticos en distintas materias, descubrir o teatro como xogo e como arte aprender a comunicarse con soltura e desenvolver a creatividade a imaxinación e a memoria e de inculcar aos nenos e nenas, o gusto polo teatro pero sen deixar de pasalo ben.

No tocante ao público adulto, logo de impartir diferentes materias no primeiro curso como iluminación, son, maquillaxe, deseño escénico e vestiario, ademais de voz e improvisación... traballarase no curso de perfeccionamento para desenvolver unha obra na que os alumnos se encargaron da adaptación de textos e posta en escena no auditorio da Escola Municipal de Artes Escénicas.

Escola Municipal de Música

Ten como finalidade xeral ofrecer unha formación práctica en música, dirixidas a afeccionados de calquera idade. As especialidades son as seguintes:

Música e movemento: Dirixido a nenos e nenas de entre os 4 e os 7 anos de idade, Ten como finalidade desenvolver a sensibilidade musical e o sentido rítmico a través da expresión vocal, instrumental e o movemento, así como iniciarse na aprendizaxe da linguaxe musical.

Práctica instrumental: É a actividade principal da escola, completándose con outras. As clases impartiranse individualmente. O primordial é impartir e conseguir unha formación musical o máis completa posible que permita o goce da práctica instrumental tanto individual como en grupo.

As especialidades que se imparten na EMMO son: piano, frauta traveseira e frauta de pico, clarinete, saxofón, violín, viola, guitarra clásica, guitarra eléctrica, baixo e percusión.

Actividades de conxunto: Estas disciplinas son o eixo vertebrador da escola de música, representa o fin último que persegue a ensinanza dun instrumento na educación musical para afeccionados. O alumnado poderá participar nun conxunto instrumental ou vogal en función do seu instrumento e do estilo de música que practiquen.

Formación complementaria nos diferentes aspectos que conforman a música. Trátase de materias que axudan a unha mellor compresión das necesidades prácticas, teóricas e expresivas do fenómeno musical: linguaxe musical, audición, etc.

Escola Municipal de Idiomas

Ofrécense cursos de inglés para adultos e para rapaces e rapazas cos que se espera axudar a mellorar a súa calidade de vida ao tempo que aprenden unha
nova lingua. Os grupos de adultos inclúen desde "ningún coñecemento da lingua inglesa ata acadar o nivel A2, nunha sesión semanal de 110 minutos.

Os grupos de nenas e nenos abarcan toda a Educación Primaria, desde primeiro ata sexto curso, en dúas sesións semanais de 50 minutos cada unha.

O profesorado da escola cita a Ignacio Morgado, experto en neurociencia: "As persoas que practican varias linguas teñen maior capacidade de execución mental e están máis protexidas contra as enfermidades mentais da vellez, porque o cerebro tarda máis en producir neurodexeneración". Ademais, consonte os últimos estudos, aprender unha segunda lingua pode axudar a mellorar a función cerebral independentemente de cando se comeza.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.