Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense abre este luns, 18 de xuño, o prazo de inscrición para o programa Concilia Verán 2018, que ofrece actividades de verán para 350 escolares de Educación Primaria para a conciliación laboral e familiar. A través deste proxecto da Concellería de Educación os menores poderán participar en actividades deportivas e lúdicas en catro centros de Educación Primaria; propostas de animación á lectura nas bibliotecas Municipais e actividades na Aula da Natureza do río Miño para descubrir o Medio Ambiente.

As actividades programadas nos centros de ensino de Educación Primaria terán lugar durante o mes de xullo nos locais do CEIP Amadeo R. Barroso (San Mamede,8); CEIP O Couto (Rampa de Sás, sen número); CEIP Curros Enríquez (Saénz Díez 52) e o CEIP Prácticas (Vicente Risco, 9). Disporase de prazas para alumnado con necesidades especiais no Centro Escolar Curros Enríquez.

Poderán participar alumnos de Educación Primaria con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, que realizarán actividades didácticas, deportivas e de ocio. O horario será de 8:00 a 14:30 horas.

Pola súa banda, as bibliotecas municipais realizarán accións de animación á lectura, entre os meses de xullo e agosto, para nenos de catro anos (no momento da solicitude) até os 10 anos. As bibliotecas municipais de A Carballeira, San Francisco e A Ponte abrirán as súas portas entre as 10:30 e as 13:00 horas.

A Aula da Natureza do río Miño ofrecerá actividades para nenos de 6 a 12 anos, entre 10:00 e 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas, agás os venres pola tarde que estará pechada. Estará aberta en xullo, agosto e do 3 ao 7 de setembro.

Prazos para apuntarse

O prazo de inscrición para as tres propostas estará aberto do 18 ó 28 de xuño. Os interesados en apuntarse nos centros de ensino ou na Aula da Natureza deberán inscribirse nos locais da Concellería de Educación, na Praza de San Martiño, número 2, 1º, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Os que desexen participar na actividades das bibliotecas municipais deberán inscribirse nas propias bibliotecas, de 10:30 a 13:00 horas. As prazas serán por rigoroso orde de inscrición.

As actividades das bibliotecas serán gratis, o resto terán un prezo de 10 euros. No caso de que se apunten varios irmáns o prezo do resto de inscritos será de cinco euros.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.