Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O proxecto Ourense + para promover a cultura emprendedora verde entre o empresariado ourensano inicia dúas novas actividades tras o parón estival. Serán o curso “Emprende en verde, axudámoste”, a partires do 17 de setembro; e “Lánzate a vender no mundo dixital”, dende o 3 de outubro. Poderanse inscribir emprendedores, parados, traballadores por conta allea con proxectos propios ou autónomos que desexan desenvolver novos proxectos empresariais.

O prazo de matriculación xa está aberto. As persoas interesadas poderán inscribirse no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Cada un dos cursos ofrece un total de 35 prazas e teñen unha duración de 50 horas.

Para o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, estas actividades son “unha oportunidade única de fomentar o autoemprego no sector ambiental”, xa que “o Concello de Ourense é a única administración que foi elexida para participar no programa Emprega Verde” para fomentar autoemprego no sector ambiental.

“O obxectivo final é habilitar aos futuros emprendedores nas distintas habilidades e coñecementos necesarios para que poidan afrontar as dificultades propias de crear un proxecto empresarial”, explica o concelleiro de Promoción Económica.


As novas actividades teñen como fin incentivar novos proxectos, traballando desde a posta en marcha da idea, valorando a súa capacidade de desenvolvemento e as súas posibilidades de éxito. O obxectivo é crear un Plan de negocio crible e defendible ante a banca e os posibles investidores.

Ademais nunha segunda fase os beneficiarios adquirirán capacitacións como habilidades de comunicativas, de desenvolvemento persoal, e capacidade de xestión de riscos e crises.

A formación traballará a venda nas redes sociais e no comercio electrónico, pero sen esquecer a venda no mercado físico.

O Programa Empleaverde é un programa promovido desde o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e a Fundación Biodiversidade para impulsar a mellora do emprego, o emprendimiento e o medio ambiente. O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.