Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense presentou no salón de plenos, xunto con diferentes colectivos sociais e representantes de todas as áreas municipais, o seu III Plan para a promoción da equidade de xénero, un documento impulsado desde o Centro de Información Municipal á Muller (CIMM) e no que colaboraron o Consello Municipal de Igualdade, integrado por unha representación de todos os estamentos institucionais de Ourense, a Comisión de Violencia de Xénero e os diferentes partidos políticos.

“O que agora temos entre mans é unha ferramenta para a xustiza social”, dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na súa presentación. O plan vai máis alá da Igualdade e busca busca a equidade nas relacións entre traballadores e traballadoras coa cidadanía, segundo explicou posteriormente Elisa Gómez Sánchez–Albornoz, da consultora encargada da súa redacción. Como novidade, o plan de equidade inclúe tamén os colectivos LGTBi.

“É pois unha ferramenta á que estamos obrigados e obrigadas a darlle uso, pois estamos a falar dun tema transversal a toda a acción de goberno, a todas as Concellerías”, sinalou o rexedor, que cualificou de “inexcusable” a súa posta en práctica.

Aprobado por unanimidade

O III Plan para a Promoción da Equidade de Xénero do Concello de Ourense foi aprobado por unanimidade en sesión plenaria ordinaria do día 1 de decembro de 2017. “Aínda queda moito máis por facer para poder dicir abertamente que vivimos nunha sociedade realmente igualitaria en termos de xénero”, insistía Elisa Gómez na súa exposición. A promoción da igualdade é algo transversal a toda a sociedade e, polo tanto, a responsabilidade é conxunta e compartida.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.