Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A campaña de recollida selectiva de vidro porta a porta en locais de hostalaría, posta en marcha polo Concello e Ecovidrio coa colaboración de Ecourense, permitiu recoller máis de 56 toneladas de residuos en apenas mes e medio desde a súa posta en marcha.

Durante o mes de decembro, desde o inicio do servizo, o día 20, recolléronse un total de 18.680 quilos. A cifra de recollida incrementouse durante o mes de xaneiro, acadando un total de 37.620 kg. O total de envases recuperados nestes 43 días ascende a 56.300 kg (1.309 ao día).

Esta cifras reflicten a alta participación dos locais hostaleiros da cidade, máis de 200 sitos na zona centro e Casco Vello da cidade, así como o esforzo realizado polo servizo para adaptarse ás necesidades específicas de recollida cada establecemento.

Dentro da campaña, Ecourense está a realizar unha intensa acción de “Mistery Shopper” ou cliente incógnito, realizando visitas mensuais aos locais inscritos para coñecer a súa opinión do servizo, confirmar a súa participación e detectar problemas para poder solucionalos. Os locais participantes entran nun sorteo mensual ante notario de agasallos ante notario que se celebra os últimos venres de cada mes ata o mes de marzo, cuxos premios entregaranse en abril.

Participan 268 establecementos

O servizo de recollida porta a porta é unha iniciativa de Ecovidrio, a entidade sen ánimo de lucro que se encarga da xestión da reciclaxe de residuos de envases de vidro en España e o Concello, coa colaboración de Ecourense e ten como destinatarios aos locais de hostalaría da zona centro e o casco vello, contando coa participación de 268 establecementos

O obxectivo é mellorar o servizo que se lles ofrece aos locais e aumentar a reciclaxe neste sector, que xera un 48% dos residuos de envases de vidro, cos conseguintes aforros económicos como medioambientais na xestión dos residuos. O servizo é gratuíto tanto para os hostaleiros como para o propio o Concello

Antes da implantación, técnicos de Ecovidro realizaron unha enquisa persoal aos hostaleiros para coñecer o seu interese por participar e ofrecerlles diferentes tipos de cubos para poder participar.

Horario

O servizo préstase de luns a sábado en horario diúrno en distintas rutas en función da actividade de cada local, con especial atención á zona de pubs, pola alta xeración deste tipo de envases.

Segundo os últimos datos dispoñibles, os veciños de Ourense reciclaron un total de 1.039.740 quilos de envases de vidro en 2015, o que equivale a unha media de case 10 kg de vidro por habitante. Isto supón que cada ourensán reciclou 38 envases de vidro.

Respecto á taxa de recollida en contedores, Ourense sitúase cunha media de 251 habitantes por contedor contando na actualidade cun total de 423 contedores para os residuos de envases de vidro .

Beneficios para o medio ambiente

Ecovidrio garante que o 100% del vidro que se recupera tanto nos contedores como mediante o servizo de recollida porta a porta é reciclado para fabricar novos envases de vidro e lograr múltiples beneficios para o medio ambiente e a sociedade.

Cun xesto tan sinxelo como é separar as botellas, botellíns, tarros e frascos usados para depositalos despois nos contedores, redúcese o consumo de enerxía, afórranse materias primas e diminúen os vertedeiros e a contaminación do aire.

Sobre Ecovidrio

Ecovidrio é a entidade sen ánimo de lucro, encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España, desde 1998. A compañía xestiona integramente a cadea de reciclado, mediante a recollida selectiva, o transporte, o tratamento de envases de vidro e a súa posterior comercialización.

Ecovidrio proporciona un servizo público e universal para o cidadá e pon a disposición das compañías que envasan os seus produtos en vidro un modelo de xestión eficaz e eficiente, tanto desde a perspectiva ambiental como económica. Na actualidade, un total de 8.047 compañías fan posible o sistema de reciclaxe. Os sectores integrados en Ecovidro representan máis do 3% del PIB español e comercializan o 99% dos envases de vidro.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.