Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense, co ánimo de poñer en valor un dos seus espazos verdes máis senlleiros, organiza no parque Botánico de Montealegre durante unha vintena de actividades para todos os públicos durante o último cuadrimestre do ano. “Queremos achegarlles aos ourensáns o seu medio natural máis próximo e, ao mesmo tempo, fomentar o Parque coma un espazo ideal para compartir o lecer en familia”, comentaba o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, na presentación das actividades.

“As familias están moi agradecidas de que as administracións organicemos actividades para todos”, dixo Araújo, “e neste caso trátase de actividades enriquecedoras para mellorar a calidade de vida”. Os obradoiros previstos pretenden así conxugar a educación e o contacto coa contorna natural que nos rodea.

As actividades infantís, dirixidas a nenos e nenas de 3 - 4 a 10 anos:

  • O tesouro de Montealegre: Mediante a búsca dun tesouro os mais pequenos aprenderán diferentes valores, como son o traballo en equipo, a imaxinación e diversos valores ambientais. Celebrarase o domingo 17 de setembro ás 11:00.
  • Samaín: Decora as túas cabazas: O Samaín é unha festa de orixe celta que se trata de recuperar na actualidade. A actividade desenvolverase en duas partes, na primeira prepararanse as típicas cabazas (valeirado, limpeza e mascarada) e na segunda realizaranse unhas máscaras para pintar. Celebrarase o domingo 29 de outubro as 11:00h.
  • Magosto: contos de Outono: O Magosto é unha festa de gran tradición popular en Ourense. Para achegar a festa aos máis cativos e descubrirlles as tradicións, os contos populares son moi importantes por iso proponse unha actividade baseada nun conta-contos de Outono. Celebrarase o domingo 12 de novembro ás 11:00..
  • Nadal: crea os teus adornos e xoguetes. O Nadal é unha época do ano que adoita gustar moito aos nenos, e con esta actividade queremos darlle unha visión diferente da celebración destas festas. Máis alá de mercar cousas, queremos amosar que mediante a reciclaxe de materiais se poden facer adornos e xoguetes bonitos. Celebrarase o domingo 17 de decembro ás 11:00.

As actividades para adultos programadas para este cuadrimestre son:

  • Mindfulness no botánico: Natureza e creatividade. O Mindfullness é unha filosofía de vida que inclúe a práctica da meditación, xunto con outras técnicas de relaxación, co fin de manexar o foco de atención ou atención plena. O parque de Montealegre é un entorno ideal para practicar esta técnica de relaxación. Será o 9 de setembro ás 10:00.
  • Paisaxe de familia: O cambio climático na nosa dieta. Con esta actividade preténdese analizar a dieta en diferentes contextos culturais e socio – económicos, ver como esta influe nas emisións difusas de gases de efecto invernadoiro e identificar as altenativas individuais e colectivas para modificar os nosos hábitos asociados ao consumo de alimentos e reducir as nosas emisións de gases de efecto invernadoiro. Celebrarase o 23 de setembro ás 17:30.
  • Obradoiro de compostaxe: A través deste obradoiro preténdese sensibilizar á población sobre os residuos que xeramos no día a día e dar a coñecer o proceso de compostaxe como alternativa viable á deposición aos residuos orgánicos xenerados no fogar. Celebrarase o 30 de setembro ás 17:30.
  • Ciclo de cine ambiental: Proponse a emisión de películas e documentais de carácter ambiental para crear conciencia entre a población da problemática ambiental actual e poñer en valor o Parque como lugar de encontro cultural. Unha vez rematada a proxección se levará a cabo un foro de debate onde compartir impresións, opinións e reflexiones sobre temas ambientais.
    • Os títulos que se proxectarán son:
    • 7 de outubro ás 16:00: Asolagados: Coa auga ó pescozo.
    • 21 de outubro ás 16:00. Manual de uso dunha nave espacial, marcha atrás e liñas discontinuas.
    • 4 de novembro ás 16:00. Blood coltan: A débeda oculta.
    • 18 de novembro ás 16:00. Green e 2050.

É necesaria a inscrición previa para todas as actividades, infantís e de adultos, na web www.botanicodemontealegre.com e no 988616781 (de luns a xoves de 9 a 14:30).

Plantas carnívoras

Ademais das actividades anunciadas o Botánico de Montealegre continuará coa exposición de plantas carnívoras, que se ampliará durante os meses de setembro e outubro debido á gran acollida de público.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.