Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A Alameda do Cruceiro xa é unha realidade como primeiro parque inclusivo de Galicia. O investimento de case medio millón de euros (459.619,11 €, IVE incluído) cofinanciados polo Concello e a Deputación de Ourense permitiu remodelar este céntrico espazo, que se atopaba degradado e poñelo en valor para desfrute de persoas de todas as idades. As obras forman parte do Plan de Investimentos aprobado polo Concello cos votos favorables do goberno municipal e o grupo municipal do PSdeG-PSOE.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o presidente da Deputación, José Manuel Baltar e o portavoz do PSdeG-PSOE no Concello, José Ángel Vázquez Barquero visitaron esta mañá as obras, que desde hoxe están a disposición da cidadanía.
“Quixera resaltar a colaboración fundamental do partido socialista, porque esto é froito dun plan de obras, pero tamén a colaboración da Deputación para que este proxecto saíra adiante despois de nove anos e tras o paso de varios alcaldes polo Concello”, dixo Jesús Vázquez.
Neste sentido incidiu en que “a colaboración é básica para sacar adiante proxectos que interesan á cidadanía. Non só colaboración entre distintos grupos políticos, senón tamén entre administracións”.
“As obras supoñen a rehabilitación dunha zona que estaba degradada no centro da cidade”, dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. “Agora pódese gozar dunha zona común para o lecer e o esparexemento de pequenos e maiores”, sinalaba na visita ás obras, ao tempo que agradecía a colaboración institucional -a obra está incluída no Plan de Obras da Deputación de Ourense- como política -os votos do PSOE serviron para aprobar dito plan-.

O parque conta con xogos para nenos de todas as idades, unha tirolina dobre que é a segunda máis larga de Galicia, xogos con cordas, de actividade acuática con chorros, canóns e arcos de auga e unha zona de xogos tradicionais: o truco, o trompo, un circuíto das chapas e mesmo os xices para pintar no chan.
Abrir o espazo e eliminar barreiras
O proxecto buscou a oportunidade de abrir o espazo a dúas rúas, Concello e Cruceiro, eliminando barreiras físicas, mellorando a accesibilidade mediante a demolición de peches, así como un achegamento a un espazo que quedou confinado por unha notable diferenza de altura: o da Rúa Progreso. Tamén eran obxectivo deste proxecto a eliminación de todas as barreiras arquitectónicas existentes e a eficiencia enerxética, incorporando equipos de calidade contrastada e grande rendemento.
O proxecto tentou potenciar as entradas pasando dunha soa entrada accesible a dúas, ambas desde a rúa Concello. Unha vez dentro atopámonos cun paseo perimetral que enmarca no seu interior catro zonas de esparexemento totalmente diferentes pero algunhas delas moi vinculadas.
Na parte superior do parque está emprazada a área de xogos para nenos de cero a seis anos, que se amplía e incorpora xogos con accesibilidade para cadeira de rodas.
Tirolina dobre e espazo acuático
Tamén na parte superior, en sentido descendente, instalouse unha tirolina dobre con chan de pradería e delimitado por dúas aliñacións de árbores que nun futuro darán unha imaxinaria sensación forestal moi atractiva. Na parte inferior desta zona, un espazo de xogos con cordas para acoller ata 8 nenos sentados ou ben de pé.
Hai tamén espazo para xogos de actividade acuática para nenos desde 0 a 12 anos no que entren a xogar en espazo dotado de chorros, canóns e arcos de auga. Para eles prevese un espazo de 162 metros cadrados no que xogar coa auga, mesmo aqueles con mobilidade reducida, xa que non existen bordos, nin pendentes nin obstáculos de ningún tipo.
A auga reutilizarase nun ciclo pechado, e o resto do ano será unha fonte nocturna cun equipamento de iluminación artística en convivencia coa auga achegando cor e relax visual e auditivo.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.