Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A Oficina de Atención ao Cidadán do Concello de Ourense prestou atención, no primeiro semestre de 2018, a 11.855 persoas que se dirixiron a este departamento para solicitar información, servizos ou presentar suxestións ao Concello. A cifra consolida o alto nivel de atencións e servizos que dispensa esta área municipal, que se consolida como canle de comunicación e contacto entre a cidadanía e o Concello: suma un total de 206.553 persoas atendidas desde a súa posta en marcha, en abril de 2008.
Esta Oficina presta atención de tres xeitos: presencial, nas dependencias sitas na planta baixa da Casa do Concello, de 9 a 14 horas de luns a venres; telefónica (a través do 988 392.909); e a través da carpeta cidadá do espazo web do Concello. Concretamente, foron en 2018 9.394 persoas atendidas presencialmente, 1.301 por teléfono e 1.160 por vía telemática, cifras similares ás do ano anterior, cun aumento na atención presencial e na telemática e un descenso na telefónica.
En canto ás datas, o segundo semestre foi o de máis actividade (2.411 atencións en xuño, 2.118 en maio e 22.187 en abril), fronte a 1.992 en xaneiro, 1.565 en febreiro e 1.582 en marzo.

Canle directa de contacto co Concello
A Oficina de Atención ao Cidadán é a canle máis directa para que a cidadanía poida acceder ao coñecemento de dereitos e obrigas e a utilización dos bens de servizos públicos, informarse, orientarse e recibir axuda nas súas dúbidas sobre trámites administrativos, actividades ou información administrativa.
A Oficina de Atención ao Cidadán realiza basicamente as seguintes funcións:
• Informa sobre procedementos, requisitos ou documentación sobre as diferentes solicitudes que poden realizarse no Concello de Ourense.
• Facilita as Instancias da maior parte dos trámites municipais: Licenzas, Pago de Tributos, Padrón de Habitantes...
• Orienta e axuda á cidadanía para cubrir as instancias municipais.
• Recibe e tramita as queixas, reclamacións e suxestións.
• Proporciona información administrativa municipal.
• Informa sobre dependencias municipais.
• Informa sobre Asociacións de veciños do Concello de Ourense.
• Informa e facilita o acceso a Carpeta Cidadá.

Información xeral, citas de asuntos sociais e recibos
No tocante ás xestións realizadas, as máis numerosas foron información xeral sobre o Concello, coas súas diferentes áreas e actividades (4.315), información e solicitudes de cita previa de Benestar Social (3.017), padrón de habitantes (1.827) xestións tributarias (1.250, como emisión de recibos, domiciliacións bancarias, cambio de enderezo, etc.), solicitudes relacionadas coa Carpeta cidadá (658), peticións veciñais (475), información e inscricións en cursos de diferentes concellerías (265).
A elas únese desde xuño Bici-Ourense, o servizo de alugueiro de bicicletas que tras ser reactivado polo Concello, orixinou 48 atencións só no mes de xuño, por parte de persoas interesadas en recabar información sobre o seu funcionamento ou obter as tarxetas que permiten utilizalo.
A este respecto, cómpre lembrar que a Oficina de Atención expide as tarxetas do servizos e axuda a simplificar o procedemento para obtelas. A través da web do Concello se pode obter a carta de pago da taxa, e abonala, se a persoa usuaria dispón de certificado dixital, ou facelo pago nunha oficina bancaria, e recoller a tarxeta na oficina.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.