Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense avanzou, a través da área de Sanidade, a posta en marcha do programa Youth in Europe para a diagnose consumo de alcol e drogas entre adolescentes (15/16 anos) na cidade. O programa está baseado nas políticas islandesas, que desde vai dúas décadas realizan intervencións drásticas, directas e globais que conseguiron un entorno máis saudables para a adolescencia. En España, Tarragona é a única cidade que está a desenvolver este programa piloto.

A propia concelleira de Sanidade, Sofía Godoy, coñeceu de primeira man os detalles desta ferramenta que recolle de información para establecer un Mapa de Situación a través dunha enquisa de 70 preguntas a un total de 1.580 adolescentes de entre 15 e 16 anos. Os mesmos técnicos islandeses responsables do programa achegan as enquisas previas, analizan as estatísticas e elaboran os informes específicos para Ourense, procesando a información sobre factores de risco e de prevención.

O director de Youth in Europe en Islandia, Jón Sigfusson, relatoulle á concelleira que, entre os parámetros de análise, están un bo diagnóstico do consumo de drogas, o informe de igualdade na poboación adolescente ou un informe do uso de substancias por centros escolares, etc. A partir de aí habería que traballar na posta en marcha de solucións para os casos específicos.

A diferencia do Plan Nacional de Drogas, que analiza o consumo e percepción das drogas entre os adolescentes -e marca a idade media do primeiro contacto co alcol en 13,7 anos- , o programa Youth in Europe tamén amosa indicadores de saúde, ansiedade, depresión, saúde física, estilos de vida e actividades de lecer, redes comunitarias, tensións e eventos negativos, pais, nais e familias, cuestións psicolóxicas, grupos económicos, uso de sustancias, valores, actitudes, violencia, ou delincuencia, entre outros.

Logo dos primeiros contactos por mail con Jón Sigfusson, a Concellería de Sanidade segue a avanzar na cronoloxía do programa na cidade de Ourense, os colaboradores e o orzamento: a soa ferramenta de diagnose ten un custe de 8.000 euros.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.