Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense pon en marcha unha nova edición da Escola de Nais e Pais, un programa que ten como finalidade apoiar a proxenitores e educadores no labor fundamental na educación da cativada. O programa desenvólvese a través de obradoiros formativos cunha metodoloxía activa, dinámica e participativa, nos que se abordarán 3 bloques temáticos: “Familia e sociedade”, “Funcións da familia” e “Adolescencia e fenómenos que preocupan”. A inscrición é gratuíta e as persoas interesadas poden realizala na Concellería de Sanidade na rúa Vasco da Ponte, 1, baixo 988 510.062

 O programa pretende promover a educación para a autonomía con respecto e responsabilidade, ao tempo que poñer en valore concienciar as familias do papel indiscutible que teñen no desenvolvemento integral de nenos e nenas,. A familia é a institución na que o individuo participa durante toda a súa vida, capaz de constituírse en transmisora de valores, costumes, hábitos, modelos de comportamento, así como elemento de apoio, resolución de conflitos e sustento do estado de benestar,

  1. No módulo 1: Familia e sociedade, abordaranse contidos como:
    • Escola de Nais e pais como recurso educativo
    • As familias de hox
    • Desenvolvemento humano: habilidades sociais e de comunicación e resolución de conflitos
    • Que se educa en familia
  2. Módulo 2: Funcións da familia:
    • Estilos parentais: nai/pai responsable
    • Educación para a autonomía
    • Regras, límites e normas, modificadores de conduta, premios e castigos
    • Relación familia/escola: rendemento escolar, acoso escolar, alimentación e trastornos
  3. Módulo 3: Adolescencia e fenómenos que preocupan
    • A familia ante o/a fillo/a adolescente
    • Sexualidade e afectividade
    • As novas tecnoloxías: do uso ao abuso
    • Familia e drogas

<

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.