Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • 10:30 horas. Pavillón dos Remedios (cancha central).
    XI Torneo Primavera de Ximnasia Rítmica Cidade de Ourense. 556 ximnastas de 28 clubs. Horario: de 10:30 a 14:00 horas e de 15.30 a 18:30 horas. Retransmitido en directo a través do espazo web www.cxpavillonourense.com.

  • 11:00 horas. Estación termal das Burgas.
    Ioga Termal. De 11:00 a 12:30 horas. Toalla, bañador e chanclas. De balde, aforo limitado.

  • 08:00 horas. Salón de Plenos
    Pleno Extraordinario do Concello de Ourense. (Enviamos a orde do día)

  • 08.30 horas. Sala de Xuntas da Alcaldía. Só gráficos. Xunta de goberno local (XGL).

  • 11:00 horas. Centro Interxeracional

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, visitan as instalacións do Centro Interxeracional. Haberá declaracións ao inicio da visita.

  • 10:00 horas. Salón de Plenos.
    O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez presenta Xira Karting, unha actividade pioneira de karting móvil galega dirixida a todos os públicos e franxas de idade. Entre as súas actividades destaca a consolidación da Rookies Cup, a canteira de futuras pilotas e pilotos de 4 a 7 anos; así como o Muller é Motor para facilitar a incorporación de novas pilotas á familia do motor. O acto contará coa asistencia do concelleiro de Deportes, Mario Guede; Benigno Vázquez e Gerardo Armesto, representantes de marketing e karting da Federación Galega de Automobilismo; Raquel González, directora do Xirakarting e Antonio Cortés, director de Marqueting de GADISA.

  • 09:00 horas. Salón de Plenos.
    Sesión Extraordinaria do Pleno do Concello de Ourense para o sorteo público e nomeamento dos compoñentes das mesas para as Eleccións Xerais do día 28 de abril de 2019, convocadas por Real Decreto 129/2019, de 4 de marzo.

  • 11:00 horas. Parque de Montealegre.
    Coñece as árbores do Parque. Público infantil +7 anos. Por mor do día da árbore que se celebra o 21 de marzo, preténdese achegarlles aos cativos o coñecemento sobre as árbores do parque. Tanto as plantas como as árbores son moi importantes para os seres vivos xa que sen o osíxeno que expulsan as súas follas, a vida na terra sería moi distinta.

  • 10:00 horas. Liceo de Ourense.
    A Concellería de Educación organiza a VII xornada de dinamizadores do Programa de Saúde Integral SI!, da Fundación SHE, dirixido ao profesorado dos centros educativos. Aa especialista Carmen Vélez impartirá o relatorio 'Movimiento sano y consciente'.

  • 10:00 horas. Salón de actos Marie Curie do Campus de Ourense. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, participa na apertura do Primeiro Simposio Internacional sobre Ciliopatías comúns e enfermidades ultrarraras. Canda el estarán Miguel Ángel Santalices Vieira, presidente do Parlamento de Galicia; Esther de Blas Varela, vicerreitora do Campus de Ourense; Emilio González Afonso, subdelegado do Goberno; Julio García Comesaña, xerente da EOXI de Ourense, Verín e O Barco; o doutor Gregory G. Germino, subdirector do National Institute of Health (NIH/NIDDK); e Carlos Rodríguez Morante, Xerente do Centro Médico El Carmen.