Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

20:30 horas (AuditorioMilladoiro en concerto: 35 anos de música galega polo mundo

Levan máis de trinta anos percorrendo espazos, xeografías, máis de trinta anos tentando atopar a beleza detrás de cada pentagrama, tempo e tempo poñendo banda sonora a un país en perpetua construción imperfecta. Somo fillos seus e lembramos a cor sepia dos días escuros e de pobreza socio-ambiental. Máis de trinta anos despois, seguen á procura da beleza e da harmonía nunha singradura que ten a Galicia como epicentro dunha longa espiral, sen fronteiras e que agarda e demanda de cada un de nós, que sempre esteamos á altura do seu horizonte de mar, ceo e terra; un horizonte onde pousa a ollada tan só a esperanza.

 

Entradas www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.