Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • 08.30 horas. Sala de Xuntas da Alcaldía. Só gráficos. Xunta de goberno local (XGL).
  • 10:00 horas. Salón de Plenos. Rolda de prensa para dar conta dos asuntos da XGL.

 

PROGRAMACIÓN DE NADAL

  • Poboado Navideño. Xardíns do Padre Feijóo. Entrada: libre e gratuíta
  • XXIII CONCURSO DE BELÉNS. Poderán visitarse os Beléns que participen no concurso municipal. Colabora: Asociación de Belenistas de Ourense. Consultar mapa e horarios en www.ourensecultura.com
  • 09:00 - 14:00 horas. Centros Cívicos. Actividades de conciliación para nenos de Educación Infantil e Primaria
  • 10:00 – 13:00 horas. La Molinera. Fabricando Sorrisos 2018. Campaña de fabricación de xoguetes con impresoras 3D, en colaboración con Cruz Vermella Ourense.
  • 10:00 -14:00 horas. La Molinera. “Mañás de diversión e tecnoloxía”. Para nenos de 10 a 16 anos. Inscrición do 12 ao 18 de decembro en www.lamolinera.net. Adicará a xornada a: “O teu primeiro robot”.
  • 10:30 – 12:00 horas. La Molinera. Obradoiro “Primeiros pasos na Ciencia” Para nenos de 8 a 12 anos. Inscrición do 12 ao 18 de decembro en www.lamolinera.net. Neste día traballarán sobre “Ecocienciarte”.
  • 12:00 -22:00 horas. Centro Comercial Ponte Vella. Pista de patinaxe sobre xeo.
  • 12:00 – 13:00. Seixalbo. Parque da Infesta. Carpa máxica no marco da campaña “Mercar en Ourense é máxico” . A cativada poderá gozar coa Carpa Máxica, unha iniciativa impulsada dende a Concellería de Comercio en diferentes barrios da cidade. O mago David Méndez ofrecerá diariamente cinco pases dunha duración aproximada de 30 minutos.
  • 16:00 – 21:00 horas. Xardín Xapoñés. REALIDADE AUMENTADA. Trátase dunha actividade innovadora e nunca antes vista na nosa cidade onde nenos e maiores poderán interactuar en tempo real con Papá Noel, os Reis Magos...nun esceario típico de Nadal.
  • 17:00 – 18:00 e 19:00 horas. A Carballeira. Praza da Legión. Carpa máxica no marco da campaña “Mercar en Ourense é máxico”. A cativada poderá gozar coa Carpa Máxica, unha iniciativa impulsada dende a Concellería de Comercio en diferentes barrios da cidade. O mago David Méndez ofrecerá diariamente cinco pases dunha duración aproximada de 30 minutos.
  • 17:30 – 21:30 horas. Xardín do Posío. Box 3De Nadal. Actividade de novas tecnoloxías que ao longo de catro horas ofrecerá proxeccións en 3D de imaxes típicas do Nadal. Ademais, as persoas que se acheguen poderán participar nun photocall interactivo e sacarse fotos e videoselfies coas imaxes 3D situadas no exterior do Box.
  • 18:30 horas. Rúa do Paseo. Ambientación musical “Priscila, versións para o Nadal”.
  • 20:00 horas. Praza do Ferro. Ambientación musical nas rúas con “Cha, cerveza e violao”.

MOTI

  • 12:30 e 17:00 horas. Teatro Principal. CARAMUXO TEATRO. “Ela” (Galicia). Teatro e danza. Duración 45 minutos. Aforo 240. Tarifa: 4 euros.
  • 18:00 horas. No Campus (Sala Pardo Bazán) PETER PUNK PALLASO E BRAIS DAS HORTAS. “Concerto punk infantil” (Galicia). Circo, música, teatro. Todos os públicos. Duración: 60 minutos. Aforo: 180. Tarifa: tres euros.
  • 18:15 e 19:30 horas. Auditorio Municipal. L’HOMME DIBUIXAT – TIAN GOMBAU “Screen man (o home pantalla) (Comunitat Valenciana). Títeres, obxectos, audiovisuais. A partir de tres anos. Duranción 35 minutos. Aforo 120 (por pase). Tarifa 4 euros.
  • Do sábado 22 ao sábado 29, de 18:00 a 19:00 horas, polas rúas da cidade. Accións teatrais a cargo de Lacotre Produccións.

ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN NA AULA DA NATUREZA E NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS.

  • Aula da Natureza do Río Miño: Horario de 10.00h a 13.30 h. Oira
  • Biblioteca Municipal de A Ponte: Horario de 10.00h a 13.30 h. Praza Mestre Luis Fernández s/n.
  • Biblioteca Municipal de San Francisco: Horario de 11.00h a 13.00 h. Explanada da estación de San Francisco.
  • Biblioteca Municipal de A Carballeira: Horario de 11.00h a 13.00 h. Praza do Sagrado Corazón s/n.

DEPORTES

  • 09:00 – 20:00 horas. Cancha central e Anexo do Pavillón dos Remedios. Torneo Nadal McDonald’s Ourense. Torneos nas modalidades de minibasket e fútbol sala, no que participan máis de 250 nenos e nenas da Escola Deportiva Ourense, con idades entre os 4 e os 12 anos. Organiza Escolas Deportivas Ourense (EDO).

EXPOSICIÓNS

  • Museo Municipal. Exposición de Carlos Costoya.(11,30- 13,30 horas. De 18:30 a 21:30)
  • Sala Valente. Exposición sobre Antón Faílde. (11:30- 13:30 horas. De 18:30 a 21:30)
  • Belén de Baltar. Praza de San Cosme e Damián. Entrada libre. (11:30-14:00 e de 17:30 a 20:30 horas)
  • Espazo Lusquiños (Avda. Marín 16), a mostra 'Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero'. De luns a venres de 17 a 22 horas, e sábados de 10:30 a 14 horas.
  • Campaña “Pasaporte aos teus soños”. Os participantes terán até o 7 de xaneiro para poñerlle 8 selos ao seu pasaporte, por compras superiores a 5 euros no comercio local. Unha vez completo poderán optar a un sorteo con premios como viaxes ao Parque Warner, estancias en balnearios, así como comidas ou ceas en locais de hostelería de Ourense, entregando o pasaporte nun buzón que se instalará no Concello.