Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • 09:30 horas. Pleno Extraordinario.

Aprobación da proposta do convenio de colaboración coa Entidade Pública Empresarial RED.ES e o Concello de Ourense para o desenvolvemento do Plan Nacional de Territorios Intelixentes da Axenda Dixital para España.

 

  • De 12:00 a 14:00 horas. Rúa do Paseo. O caricaturista Omar Pérez (Villa María, Córdoba. Arxentina (1956) realizará "Caricaturas Solidarias" a beneficio da AECC. Trátase dunha actividade patrocinada pola Concellería de Cultura.

 

  • 12:00 horas. La Molinera. O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, asistirá á clausura da exposición de láminas adicadas ao centenario da Ponte Nova. O acto contará tamén coa presenza dos artistas Baldomero Moreiras, Xosé Lois Carrabouxo, Acisclo Manzano e Alba Fernández.

PROGRAMACIÓN DE NADAL

  • Poboado Navideño. Xardíns do Padre Feijóo. Entrada: libre e gratuíta
  • XXIII CONCURSO DE BELÉNS. Poderán visitarse os Beléns que participen no concurso municipal. Colabora: Asociación de Belenistas de Ourense. Consultar mapa e horarios en www.ourensecultura.com
  • 09:00 - 14:00 horas. Centros Cívicos. Actividades de conciliación para nenos de Educación Infantil e Primaria
  • 10:00 – 13:00 horas. La Molinera. Fabricando Sorrisos 2018. Campaña de fabricación de xoguetes con impresoras 3D, en colaboración con Cruz Vermella Ourense.
  • 10:00 -14:00 horas. La Molinera. “Mañás de diversión e tecnoloxía”. Para nenos de 10 a 16 anos. Inscrición do 12 ao 18 de decembro en

www.lamolinera.net. Adicará a xornada a: “O mundo dos drones ao teu alcance”.

  • 10:30 – 12:00 horas. La Molinera. Obradoiro “Primeiros pasos na Ciencia” Para nenos de 8 a 12 anos. Inscrición do 12 ao 18 de decembro en

www.lamolinera.net. Nesta xornada os participantes elaborarán unha cámara estenopeica.

  • 12:00 -22:00 horas. Centro Comercial Ponte Vella. Pista de patinaxe sobre xeo.
  • 16:00 – 21:00 horas. Xardín Xapoñés. REALIDADE AUMENTADA. Trátase dunha actividade innovadora e nunca antes vista na nosa cidade onde nenos e maiores poderán interactuar en tempo real con Papá Noel, os Reis Magos...nun esceario típico de Nadal.
  • 18:30 horas. Parque de San Lázaro. Ambientación musical con “Broken Peach”.
  • 19:30 horas. Igrexa de Santa Teresita. Concerto de EMILIO RÚA
  • 20:00 horas. Rúa do Paseo. Concerto de Diego Nóvoa.
  • 20:30 horas. Catedral. CONCERTO DE NADAL DA CORAL DE RUADA
  • 21:00 horas. Praza Maior. Video-mapping + Espectáculo pirotécnico. Entre as novidades deste ano, o tradicional video-mapping que transforma a fachada do Concello nunha fermosa postal de nadal, non ofrecerá o mesmo espectáculo en todas as súas convocatorias. Nesta ocación o videomapping contará cun espectáculo de fogos de artificio.

MOTI

  • 17:00 horas. Teatro Principal. EME2 PRODUCIÓNS. “Contacreques” (Galicia). Teatro de actor. A partir de 3 anos. Duración 50 minutos. Aforo 240. Tarifa: 4 euros.
  • 18:15 horas. No Campus (Sala Pardo Bazán) RILO & PENADIQUE. “O pozo das señoras” (Galicia). Narración oral. A partir de 5 anos. Duración: 50 minutos. Aforo: 180. Tarifa: tres euros.
  • 19,30 horas. Auditorio Municipal. LA ESPIRAL MÁGICA. “El pequeño conejo blanco” (Madrid). Musical infantil. A partir de 2 anos. Duración: 60 minutos. Aforo: 600. Tarifa: 4 euros.
  • Do sábado 22 ao sábado 29, de 18:00 a 19:00 horas, polas rúas da cidade. Accións teatrais a cargo de Lacotre Produccións.

ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN NA AULA DA NATUREZA E NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

  • Aula da Natureza do Río Miño: Horario de 10.00h a 13.30h. Oira
  • Biblioteca Municipal de A Ponte: Horario de 10.00h a 13.30h.Praza Mestre Luis Fernández s/n.
  • Biblioteca Municipal de San Francisco: Horario de 11.00h a 13.00h. Explanada da estación de San Francisco.
  • Biblioteca Municipal de A Carballeira: Horario de 11.00h a 13.00h. Praza do Sagrado Corazón s/n.

EXPOSICIÓNS

  • Museo Municipal. Exposición de Carlos Costoya.(11,30- 13,30 horas. De 18:30 a 21:30)
  • Sala Valente. Exposición sobre Antón Faílde. (11:30- 13:30 horas. De 18:30 a 21:30)
  • Belén de Baltar. Praza de San Cosme e Damián. Entrada libre. (11:30-14:00 e de 17:30 a 20:30 horas)
  • Espazo Lusquiños (Avda. Marín 16), a mostra 'Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero'. De luns a venres de 17 a22 horas, e sábados de 10:30 a 14 horas.

DEPORTES

  • 16:00 – 21:30 HORAS. Cancha Central. VII Torneo Social de Nadal de Balonmán Ourense. Torneo social no que se disputarán partidos de diferentes categorías ata rematar nun partido homenaxe a Quintana, entre o equipo senior e Quintana e amigos. Ademais farase a recollida de alimentos para a Asociación Amencer. O diñeiro recadado nas rifas destinarase a AECC de Ourense. Organiza Nova Xestión Balonmán Pabellón Ourense.
  • Campaña “Pasaporte aos teus soños”. Os participantes terán até o 7 de xaneiro para poñerlle 8 selos ao seu pasaporte, por compras superiores a 5 euros no comercio local. Unha vez completo poderán optar a un sorteo con premios como viaxes ao Parque Warner, estancias en balnearios, así como comidas ou ceas en locais de hostelería de Ourense, entregando o pasaporte nun buzón que se instalará no Concello.