Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • 08:30 horas. Alcaldía, só gráficos.
    Xunta de goberno local. Enviarase nota de prensa ao finalizar a mesma.
  • 11:00 horas. Cruz Vermella (rúa Díez de la Banda 40).
    O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, fan entrega dos xoguetes feitos con impresoras 3D en La Molinera, no marco da campaña 'Fabricando sorrisos'. Asisten, tamén, Felipe Ferreiro Feijóo, presidente provincial de Cruz Vermella en Ourense, e Adriana Diéguez Fernández, coordinadora de Cruz Roja Juventud.

Actividades Nadal 2018/19

  • Durante todo o día:
    - Poboado Navideño. Xardíns do Padre Feijóo. Entrada: libre e gratuíta.
    - XXIII Concurso de Beléns. Poderán visitarse os Beléns que participen no concurso municipal. Colabora: Asociación de Belenistas de Ourense.
  • 09:00 a 14:00 horas. Centros Cívicos.
    Actividades de conciliación para alumnado de Educación Infantil e Primaria.
  • 10:00 -14:00 horas. La Molinera. “Mañás de diversión e tecnoloxía”.
    10 a 16 anos. 'A cidade onde vas vivir con Minecraft'.
  • 10:30 – 12:00 horas. La Molinera. Obradoiro “Primeiros pasos na Ciencia”
    8 a 12 anos. 'Pila de limóns'.
  • 12:00 -22:00 horas. Centro Comercial Ponte Vella.
    Pista de patinaxe sobre xeo.
  • 12:00 horas. Rúa do Paseo. Flashmob do Nadal.
  • 11:30 horas e 12:30 horas. Sala Valente (rúa do Paseo 20) Percubebés, espectáculo no que os pequenos e pequenas, gozan e descobren o mundo das percusións e da arpa. De 0 a 4 anos. Duración: 30 min. Prezo: Gratuíto.
  • 12:00 – 13:00 – 17:00 – 18:00 e 19:00 horas. Mariñamansa. Recanto da Rosa.
    Carpa máxica no marco da campaña “Mercar en Ourense é máxico”. A cativada poderá gozar coa Carpa Máxica, unha iniciativa impulsada dende a Concellería de Comercio en diferentes barrios da cidade. O mago David Méndez ofrecerá diariamente cinco pases dunha duración aproximada de 30 minutos.
  • 19.00 horas. Auditorio (Sala Principal). Os Bolechas van ao Polo Norte. Entrada gratuíta.
    Retirada de convites: Dúas horas antes (máximo de 4 por persoa).
  • 18:00 horas. Rúa do Paseo. Paxes Reais
    Os Reis Magos envían os seus paxes reais a repartir cartas, recollelas, limpar botas, zapatos e zapatillas...todo listo! Os Reis Magos xa chegan!
  • 18:30 horas. Centro Comercial.
    Concerto de Priscila versións para o Nadal.
  • 19:30 horas. Igrexa de Santiago das Caldas.
    Concerto de Reis da Coral de Ruada
  • 19:30 horas. Igrexa da Asunción (Lagoas).
    Concerto de Emilio Rúa
  • 21:30 horas. Praza Maior.
    Videomapping -pase extra- sobre a fachada da Casa do Concello
  • Actividades de conciliación na Aula da Natureza e nas Bibliotecas Municipais.

Aula da Natureza do Río Miño: Horario de 10.00h a 13.30h.

Biblioteca Municipal de A Ponte: Horario de 10.00h a 13.30h.

Biblioteca Municipal de San Francisco: Horario de 11.00h a 13.00h.

Biblioteca Municipal de A Carballeira: Horario de 11.00h a 13.00h.

  • Exposicións

Museo Municipal.
Terra Adentro, de Carlos Costoya (salas I e II) e Píxel, de Omar Pérez. 11,30- 13,30 horas. De 18:30 a 21:30h.

Sala Valente.
Antonio Faílde: La Naturaleza Reconocida (11:30- 13:30 horas. De 18:30 a 21:30)

Belén de Baltar.
Praza de San Cosmede e Damián. Entrada libre. (11:30-14:00 e de 17:30 a 20:30 horas)

Espazo Lusquiños (Avda. Marín 16)
'Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero'. De luns a venres de 17 a22 horas, e sábados de 10:30 a 14 horas.

  • Comercio

Campaña “Pasaporte aos teus soños”. Os participantes terán até o 7 de xaneiro para poñerlle 8 selos ao seu pasaporte, por compras superiores a 5 euros no comercio local. Unha vez completo poderán optar a un sorteo con premios como viaxes ao Parque Warner, estancias en balnearios, así como comidas ou ceas en locais de hostalería de Ourense, entregando o pasaporte nun buzón que se instalará no Concello.