Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • XXIII CONCURSO DE BELÉNS. Poderán visitarse os Beléns que participen no concurso municipal. Colabora: Asociación de Belenistas de Ourense.
  • 09:00 - 14:00 horas. Centros Cívicos. Actividades de conciliación para nenos de Educación Infantil e Primaria
  • 10:00 -14:00 horas. La Molinera. “Mañás de diversión e tecnoloxía”. Para nenos de 10 a 16 anos. Inscrición do 12 ao 18 de decembro en www.lamolinera.net. Adicará a xornada a: “A túa postal de Navidad en Realidade Virtual”.
  • 10:30 – 12:00 horas. La Molinera. Obradoiro “Primeiros pasos na Ciencia” Para nenos de 8 a 12 anos. Inscrición do 12 ao 18 de decembro en www.lamolinera.net. A xornada terá como tema: “Leite máxico”.
  • 12:00 -22:00 horas. Centro Comercial Ponte Vella. Pista de patinaxe sobre xeo.
  • 12:00 horas. Rúa do Paseo. Flashmob de Nadal.
  • 18:00 horas. Rúa do Paseo. PAXES REAIS Os Reis Magos envían os seus paxes reais a repartir cartas, recollelas, limpar botas, zapatos e zapatillas...todo listo! Os Reis Magos xa chegan!
  • 18:45 e 19:30 horas. Dous pases. Sala Valente (rúa do Paseo 20). PROGRAMACIÓN PARA BEBÉS “Aupapá”, espectáculo coreográfico-xestual que propón unha interactuación activa cos pequenos e pequenas.
    Horario: 1º pase 18.45 horas e 2º pase 19.30 horas. Aforo: limitado. Idade: 0 a 3 anos. Duración: 30 min. Prezo: Gratuíto
  • 19:30 e 21:00 horas. Praza Maior. Últimos dous pases do VIDEO-MAPPING que transforma a fachada do Concello nunha fermosa postal de Nadal.
  • 19:30 horas. Igrexa de Fátima. CONCERTO DE EMILIO RÚA
  • ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN NA AULA DA NATUREZA E NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS.

Aula da Natureza do Río Miño: Horario de 10.00h a 13.30h. Oira

Biblioteca Municipal de A Ponte: Horario de 10.00h a 13.30h.Praza Mestre Luis Fernández s/n.

Biblioteca Municipal de San Francisco: Horario de 11.00h a 13.00h. Explanada da estación de San Francisco.

Biblioteca Municipal de A Carballeira: Horario de 11.00h a 13.00h. Praza do Sagrado Corazón s/n.

  • EXPOSICIÓNS

Museo Municipal. Exposición de Carlos Costoya.(11,30- 13,30 horas. De 18:30 a 21:30)

Sala Valente. Exposición sobre Antón Faílde. (11:30- 13:30 horas. De 18:30 a 21:30)

Belén de Baltar. Praza de San Cosme e Damián. Entrada libre. (11:30-14:00 e de 17:30 a 20:30 horas)

Espazo Lusquiños (Avda. Marín 16), a mostra 'Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero'. De luns a venres de 17 a22 horas, e sábados de 10:30 a 14 horas.

  • DEPORTES

09:00 – 21:00 horas. Campo Municipal de Oira. Torneo de Nadal Memorial Patelo de Fútbol-8. Benxamín. Organiza Ourense CF.

10:00 -21:00 horas. Campo de fútbol dos Remedios. Torneo de Nadal Fútbol-8. Prebenxamín. Competirán equipos de fútbol da provincia e reunirá a máis de 150 cativos da categoría prebenxamín. Organiza o Pabellón CF Ourense.

11:00 – 13:00 horas. Módulo de Atletismo de Os Remedios. Torneo de Nadal de Atletismo en pista cuberta. Aberto a atletas federados, non federados e escolares, enfocado ás categorías inferiores (ata Sub-16). Organiza Club Ourense Atletismo.

  • Campaña “Pasaporte aos teus soños”. Os participantes terán até o 7 de xaneiro para poñerlle 8 selos ao seu pasaporte, por compras superiores a 5 euros no comercio local. Unha vez completo poderán optar a un sorteo con premios como viaxes ao Parque Warner, estancias en balnearios, así como comidas ou ceas en locais de hostalería de Ourense, entregando o pasaporte nun buzón que se instalará no Concello