Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • 8,30 horas (SÓ GRÁFICOS, Alcaldía) Xunta de goberno local
  • 10,00 horas (Salón de plenos) Rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na xunta de goberno local
  • 10,00 e 12,00 horas (Auditorio) O Concello organiza dúas representacións teatrais en francés para escolares de Secundaria da obra “Le Malade Imaginaire" (Moliére) a cargo de "La Bohème Théâtre". Asistirán 950 alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO de 17 centros de ensino da cidade.
    A actividade está organizada pola Concellería de Educación e consta da representación da obra (45 minutos) e un coloquio posterior (15). Previamente, facilitóuselle ao profesorado unha guía didáctica para traballar na aula e obter un mellor aproveitamento da actividade.
  • 12,30 horas. Rúa do Paseo. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asistirá á inauguración da exposición fotográfica “Iguais en Dereito”, organizada polo Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, e que consta de varios paneis instalados na rúa á altura do Centro Cultural Ángel Valente. O acto contará coa presenza de Pilar López-Guerrero Vázquez, Decana do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense e de Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade.
  • 19,00 horas (Museo Municipal) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, asistirán á inauguración da exposición “Metauniversos cotidianos”, da fotógrafa Loly Villoch.
  • 20,00 horas (Teatro Principal) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez asiste á entrega dos premios de AJE, da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense.