Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • 9.00 horas (Salón de Plenos) Pleno ordinario do Concello de Ourense (Enviamos a orde do día)
  • 18.00 e 19.00 horas (Auditorio, Sala Apego) Espectáculo para bebés: Arrerrú, de Rilo & Penadique.

Arrerru é unha palabra que vive na boca, non quere dicir nada, pero o A abre o asombro, o RRE a repetición, e o RU a delicadeza. As palabras acompáñanse da musicalidade da voz, dos ollos, dos xestos, do tacto…os bebés tempéranse mellor con estes apoios, nós ao pé da voz poñemos a voz dun acordeón diatónico, a voz multiplicada e asombrosa. Somos bebés, somos adultos, somos persoas da man doutras persoas. A linguaxe en singular non existe: primeiro apréndese en familia. A narración oral é a flor da vida en compañía para afrontar a onda.

  • 20.00 horas (Auditorio) X Concerto Solidario que organiza a ONG Manos Unidas. A venda de entradas, a 5€, será destinada integramente a equipar un laboratorio médico nun centro de saúde da India, e contará coa participación da Real Banda da Deputación de Ourense, Emilio Rúa, e diferentes músicos e asociacións de danza da cidade. A organización dispón, tamén, unha fila cero para todos os interesados en colaborar coa causa.