Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • 12:00 horas (Expourense) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, participa na presentación da 20ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se desenvolverá desde o día 6 ao 10 de febreiro en Expourense. O acto contará tamén coa asistencia de Marisol Díaz Mouteira, delegada territorial da Xunta de Galicia; Rosendo L. Fernández Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense e Alejandro Rubín Carballo, director xerente de Expourense e director de Xantar.
  • 20:00 horas (Praza Maior) Concentración en repulsa dos asasinatos de mulleres vítimas de violencia de xénero, que organiza cada primeiro luns de mes o Concello de Ourense a través do Consello de Información Municipal ás Mulleres. Asisten o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, e membros da Corporación Municipal.
  • 21,30 horas A Ponte Vella iluminarase de cor verde en adhesión á Campaña mundial do cancro 2019, por solicitude da Asociación Española Contra o Cancro, (AECC) coa finalidade de concienciar a cidadanía de Ourense da importancia de desenvolver hábitos alimenticios saudables e dar a coñecer os servizos e programas gratuítos que ofrece a AECC en Ourense a todas as persoas diagnosticadas de cancro, así coma ás súas familias.