Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • 12:30 horas (Expourense) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, participa na inauguración da 20ª Edición de Xantar 2019, Salón Internacional de Turismo Gastronómico.
  • 18.00 horas (Centro cívico A Cuña) Contacontos en lingua de signos. Derradeira representación do ciclo de contacontos en lingua de signos organizado pola Asociación de persoas xordas e o Concello de Ourense nos centros cívicos municipais.
  • 20.00 horas (Teatro Principal) Concerto de Quartet Gerhard, dentro do VI Ciclo de música de cámara de Ourense “Enclave de Cámara”.
    O cuarteto de corda formado por Lluis Castán e Judit Bardolet no violín, o violista Miquel Jordán e o chelista Jesús Miralles destaca pola súa enorme sensibilidade sonora e o seu compromiso coa música de nova creación. Nacido en 2010 e influenciado pola mestría do Cuarteto Casals, o Gerhard Quartet é considerado dende os seu inicios un dos grupos con maior proxección do país. Cunha historia a medio camiño entre Basel, Berlín e Barcelona, o cuarteto adoptou o seu nome do compositor Robert Gerhard, alumno de Arnold Schoenberg e un dos compositores cataláns máis recoñecidos do século XX. Coma él, consideran a música o maior vínculo existente entre o ser humano. (Entradas entre 5 e 8 €)