Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • 10:00 horas. Salón de actos Marie Curie do Campus de Ourense. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, participa na apertura do Primeiro Simposio Internacional sobre Ciliopatías comúns e enfermidades ultrarraras. Canda el estarán Miguel Ángel Santalices Vieira, presidente do Parlamento de Galicia; Esther de Blas Varela, vicerreitora do Campus de Ourense; Emilio González Afonso, subdelegado do Goberno; Julio García Comesaña, xerente da EOXI de Ourense, Verín e O Barco; o doutor Gregory G. Germino, subdirector do National Institute of Health (NIH/NIDDK); e Carlos Rodríguez Morante, Xerente do Centro Médico El Carmen.
  • 10:30 horas. Salón de plenos. A concelleira de Xuventude, Sofía Godoy, presenta as actividades de Ourenxove, programa dirixido á modidade de 14 a 35 anos.
  • 12:00 horas. Confederación de Empresarios de Ourense (praza das Damas). O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, xunto coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Éthel Vázquez, manterá unha xuntanza con representantes da CEO. Haberá declaracións ao inicio.
  • 20:30 horas. Igrexa de Santa Eufemia. 'Stabat Mater', primeiro dos tres concertos do ciclo Música do Camiño, a cargo de Orsini, Alicerce e Dapena. Entrada libre e de balde até completar aforo.