Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • 09:00 horas. Salón de Plenos.
    Sesión Extraordinaria do Pleno do Concello de Ourense para o sorteo público e nomeamento dos compoñentes das mesas para as Eleccións Xerais do día 28 de abril de 2019, convocadas por Real Decreto 129/2019, de 4 de marzo.
  • 09:30 horas. CEIP Prácticas.
    A concelleira de Educación, Belén Iglesias, asiste á charla sobre Primeiros Auxilios dentro do ciclo que se está a impartir entre o alumnado de 6º de Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos. As persoas que asisten reciben formación sobre: primeiros auxilios no caso dun accidente; actuacións no caso dun accidente no fogar; sobre o que non se debe Facer; e sobre técnicas de reanimación cardiopulmonar RCP.
  • 12:30 horas. Teatro Principal.
    O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste á rolda de prensa de presentación da MITEU 2019.
  • 20:00 horas. Praza Maior.
    Como cada primeiro luns hábil de mes terá lugar na escalinata do Concello a concentración en repulsa á violencia de xénero convocada polo CIMM. Asisten o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, e membros da Corporación Municipal.