Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • 10:00 horas. Salón de Plenos.
    O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez presenta Xira Karting, unha actividade pioneira de karting móvil galega dirixida a todos os públicos e franxas de idade. Entre as súas actividades destaca a consolidación da Rookies Cup, a canteira de futuras pilotas e pilotos de 4 a 7 anos; así como o Muller é Motor para facilitar a incorporación de novas pilotas á familia do motor. O acto contará coa asistencia do concelleiro de Deportes, Mario Guede; Benigno Vázquez e Gerardo Armesto, representantes de marketing e karting da Federación Galega de Automobilismo; Raquel González, directora do Xirakarting e Antonio Cortés, director de Marqueting de GADISA.
  • 11:00 horas. Bispado de Ourense.
    O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste á inauguración da exposición itinerante “350 anos da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado”, organizada polo colectivo Egeria co apoio da Xunta de Galicia.
  • 21:00 horas. Ponte Romana.

A Ponte Romana iluminarase de azul, en resposta á petición da Asociación Autismo Ourense, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo - Iniciativa "Light It Up Blue" (LIUB).