Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • 08.30 horas. Sala de Xuntas da Alcaldía. Só gráficos. Xunta de goberno local (XGL).
  • 10:00 horas. Salón de Plenos. Rolda de prensa para dar conta dos asuntos da XGL.
  • 10:30 horas. Salón de Plenos.
    O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Comercio, Flora Moure, presentan a feira comercial “Market&Merka”, que organiza Comercio Vivo de Ourense e que terá lugar o fin de semana no Pavillón de Oira.
  • 11:00 horas. Salón de Plenos.
    O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o concelleiro de Deportes, Mario Guede e a presidenta do Club Ximnasia Pavillón, Carmen Blanco, presentan o XI Torneo de Primavera Ximnasia Rítmica Cidade de Ourense, que terá lugar o domingo 7 de abril na cancha central dos Remedios.
  • 11:30 horas. Sala de Xuntas do Pazo Provincial.
    O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez asiste á presentación da III edición de Ourencanto, acto no que tamén participarán a concelleira de Cultura, Belén Iglesias; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a directora técnica e o produtor do evento, Cristina Rodríguez e Carlos Núñez; e a directora do Conservatorio de Música de Ourense, Purificación Iglesias.
  • 12:30 horas. CEIP Amadeo Barroso.
    A concelleira de Educación, Belén Iglesias, asiste á actividade organizada o marco do proxecto Saúde Integral SI! da Fundación SHE, que preside o cardiólogo Valentín Fuster. Trátase neste caso da visita da mascota Cardio para promover os bos hábitos entre a cativada.
  • 20,00 horas. Teatro Principal.
    Concerto do ciclo de Enclave de Cámara a cargo do Trío Arriaga.
    Volve o ciclo Enclave de Cámara coa música do Trío Arriaga (Juan Luis Gallego, violín, David Apellániz, violonchelo, e Daniel Ligorio, piano), o lugar de encontro de tres músicos de recoñecido prestixio e alí onde converxen as súas traxectorias solísticas. Con concertos nos mellores festivais europeos, os seus proxectos discográficos en solitario (máis de 25 álbums), e os múltiples galardóns conseguidos en concursos nacionais e internacionais de interpretación aválannos como un trío de referencia da súa xeración. Poderemos escoitar por ver primeira en Galicia a obra dun compositor galego vivo, Eduardo Soutullo (Le sourire de Isabelle H), cuxa presenza está confirmada. [Máis info] . Entradas: de 5 € a 8 €.

 

  • 20:30 horas. Auditorio Municipal.
    “Invisibles”, de Redrum
    Un espectáculo de creación colectiva a partir da novela homónima de Monste Fajardo, que presenta ante o público diversas historias cun fío común entre elas: a violencia de xénero. O seu interese reside na exposición de historias reais protagonizadas por mulleres galegas, historias sobre malos tratos, algunhas delas xa coñecidas polo público pola súa repercusión mediática. Dirixida por Marián Bañobre e protagonizada polas recoñecidas actrices Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez, foi a gran trunfadora dos Premios de Teatro María Casares deste ano logrando as estatuíñas de Mellor Dirección, Mellor Adaptación e Mellor Iluminación. [Máis info] Entradas: desde 5€.

 

  • 23:00 horas. Café Latino. XXIII Festival de Jazz Primavera 2019
    Diego Amador Trio. Diego Amador (piano), Rafa Díaz (bajo), Diego Amador JR (batería y percusión).
    Son moitas as cousas que distinguen a Diego Amador, pianista, multi instrumentista e cantante. Unha delas: con el pódese falar de " free jazz". "De feito Cecil Taylor é unha das miñas influencias", aclara. En 1994 publico o seu primeiro disco como " Patita Negra". En 2009 compartiu escenario con Pat Metheny, durante o Festival de Jazz de Vitoria. Ao ano seguinte protagonizou unha xira por Andalucía co contrabajista Charlie Haden. "Son das 3000", editado en 2016, coa participación de Alejandro Sanz e Óscar d'e León é o seu disco máis biográfico.