Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • 08:00 horas. Salón de Plenos
    Pleno Extraordinario do Concello de Ourense. (Enviamos a orde do día)
  • 09:00 horas. Salón de Plenos
    Pleno ordinario do Concello de Ourense. (Enviamos a orde do día)
  • 10:30 horas. CEIP As Mercedes.
    Actividade de promoción sobre a Saúde Bucodental, dentro do programa educativo Educación en Saúde, cuxo obxectivo é conseguir que os alumnos coñezan a importancia de conservar e manter unha adecuada hixiene oral, ademáis de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia, poidan evitar enfermedades bucodentais posteriores.
  • 18:00 e 19:00 horas. Auditorio Municipal.
    “Nube, nube, sol”. Teatro ao Cubo – Apego.
    As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ao amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. A través do corpo, a xestualidade, o canto e a música, Teatro ao cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre. Recomendada de 0 a 4 anos. Entrada: 3€ (crianzas gratis).
  • 18:45 horas. Centro Cultural Marcos Valcárcel.
    O alcalde de Ourense asiste á inauguración da XXXIII Reunión Anual da Sociedade Galega de Neuroloxía (que terá lugar os días 5 de 6 de abril).
  • 20:30 horas. Igrexa de Santa Eufemia.
    Festival Música do Camiño. Senhora del Mundo, de Camerata Piú Bassa. Música profana e relixiosa do Renacemento. Francisco Luengo e Patricia Rivero (violas de gamba), Esperanza Mara (voz) e Eneas Freire (guitarra) son Camerata Più Bassa, un grupo de xente nova cunhas ideas claras e respectuosas coa interpretación con criterios historicistas. De balde até completar aforo.
  • 21:30 horas. Auditorio Municipal
    Concerto de David Bustamante
    Co Tour Héroes está a percorrer toda España interpretando todos os éxitos da súa carreira e presentando “Héroes en tiempos de guerra”, cuxo primeiro single “Héroes” entrou directamente ao nº 1 en Itunes e roza co videoclip o millón de visitas no Youtube. Supón o regreso do Bustamante máis melódico e carismático, cun álbum no que se confirma unha vez máis como un dos artistas máis mediáticos do noso país. Entradas: desde 25'50 €