Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • 08.30 horas. Sala de Xuntas da Alcaldía. Só gráficos. Xunta de goberno local (XGL).

  • 10:00 horas. Salón de plenos.
    Presentación do Festival Música do Camiño.
    Asisten: Belén Iglesias, concelleira de Cultura, e Anxo F. Saborido, técnico da Concellería.

  • 10:00 horas. CPR Divino Maestro.

Posta en marcha do obradoiro “TI CONTAS”, enmarcado no programa educativo Educación en Saúde Ambiental da Concellería de Educación. Trátase dunha iniciativa novidosa de sensibilización medioambiental, centrada nos lumes forestais, dirixida a escolares de 5º e 6º de Educación Primaria. Este programa céntrase en contacontos teatralizados e lúdicos sobre os incendios dando pé a falarlles dos recursos e aproveitamento sostible do monte que teñen ao seu dispor.

Ao longo da actividade participarán un total de 634 alumnos, e realizarase nos centros que solicitaron participar nesta proposta.

  • 12:30 horas. Expourense.

O alcalde de Ourense e vicepresidente executivo de Expourense, Jesús Vázquez, asiste á presentación da Memoria de Actividades de Expourense 2018. O acto contará tamén coa presenza dos membros do Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense: Sol Vázquez Abeal, directora Xeral de Comercio da Xunta; Rosendo Fernández Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense; Rubén Saavedra Pedreira, director territorial en Ourense de ABANCA; Marisol Novoa Rodríguez, vicepresidenta da CEO; Manuel Pedro Fernández Moreiras, alcalde de San Cibrao das Viñas; Marisol Díaz Mouteira, delegada territorial en Ourense da Xunta de Galicia; Alejandro Rubín Carballo, director xerente de Expourense.

  • 11:00 – 21:00 horas. Praza do Bispo Cesáreo.

Art Woman, feira organizada polo Concello de Ourense en colaboración coa Asociación Ludikarte para visualizar a importancia das mulleres no ámbito laboral. Haberá espazos diferenciados como Artesanía, Gastronomía, Ilustración, Fotografía, Moda, Música, exposicións, conferencias, obradoiros, showcooking e actividades de dinamización.
O domingo as actividades comezan ás 11:00 horas cun obradoiro de Ioga Wellness, a cargo de Cristina Pérez. Tamén haberá unha exhibición de defensa persoal (12:00 horas), a cargo do Ximnasio Marbel; e unha sesión de relaxación con cristais de cuarzo (17:00 horas), por parte de Cristina Pérez.

  • 11:00 – 21:00 horas. Praza do Bispo Cesáreo.
    Art Woman, feira organizada polo Concello de Ourense en colaboración coa Asociación Ludikarte para visualizar a importancia das mulleres no ámbito laboral. Haberá espazos diferenciados como Artesanía, Gastronomía, Ilustración, Fotografía, Moda, Música, exposicións, conferencias, obradoiros, showcooking e actividades de dinamización.
    O sábado, os obradoiros comezarán ás 11:00 horas cunha actividade de ioga e creatividade, impartido polo Centro Mandala. Unha hora máis tarde, o centro Be One ofrecerá un taller de bodybalance (ioga, pilates, tai chi). Ás 13:00 horas, haberá unha actividade de Zumba. Pola tarde as propostas comezarán ás 17:00 horas, cun obradoiro de valoración persoal a cargo de “Tacto con tacto”; ás 18:00 horas haberá unha actuación da Asociación Batuko Tabanka (Cabo Verde) e ás 20:00 horas a cargo da Asociación Cultural Muma’s Troop.

  • 10:00 horas. Salón de plenos.
    Entrega dos premios do V Certame Literario Viaqua.
    Asisten: Jesús Vázquez Abad, alcalde de Ourense; Ana Fernández Morenza, concelleira de Infraestruturas; Belén Iglesias, concelleira de Educación; Ana Tejeiro, gerente de Viaqua en Ourense, e Isabel Mociño, membro do xurado do V Certame Literario Viaqua.

  • 08:30 horas. Sala de Xuntas da Alcaldía. Só gráficos.
    Xunta de goberno local.

  • 11:30 horas. Salón de plenos.
    Rolda de prensa de presentación do Encontro das bandas de música e coros conservatorios superiores de música de A Coruña e de Vigo, que inclúe un concerto en Ourense o Sábado 22 ás 20:30 horas.
    Asisten: Jesús Vázquez, alcalde de Ourense; Belén Iglesias, concelleira de Cultura; Luís Costa Vázquez, vicedirector do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

  • 12:00 horas. Auditorio Municipal (Sala Principal).

“E-Book las edades del libro”. Spasmo Teatro.

Spasmo ofrece a máis fascinante e disparatada historia do libro e os seus protagonistas. Un espectáculo con vocación didáctica, educativa e moi divertida. Un repaso imprescindible a través do tempo que se adentra no apaixonante universo do saber, dos grandes descubrimentos e da evolución da escritura e os distintos soportes ata o día de hoxe, culminando coa aparición do E-book, que dá nome ao espectáculo. Esta minuciosa revisión das distintas etapas da evolución do libro, condensada en sesenta minutos, chea de retranca, os mellores efectos visuais e sonoros, e por suposto o mellor humor xestual de Spasmo. Vicente Martín, Álvaro Sánchez, José Gabriel Sánchez e Isaac Tapia.

Entradas 3€.