Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • 11:00 horas. Estación Termal das Burgas.

Ioga Termal. Actividade de balde, de 11:00 a 12:30 horas. Imprescindible toalla, bañador e chancletas. Aforo limitado.

  • 11,00 horas (Colexio Santo Ángel) “Ti reciclas, Ourense gaña” A Concellería de Educación organiza esta actividade, que ten como finalidade que a cativada teña conciencia da realidade da súa contorna, se implique na reciclaxe e na protección do medio ambiente, e coñeza medidas que se poden tomar antes de que un produto se converta nun residuo inútil e prexudicial. Participarán un total de 782 nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º ciclo da ESO de diferentes centros educativos, en sucesivas sesións, que comezarán no Santo Ángel.

  • 8,30 horas (SÓ GRÁFICOS, Alcaldía) Xunta de goberno local

  • 10:30 horas. Centro Cultural Marcos Valcárcel.

A concelleira de Sanidade, Sofía Godoy, asiste á rolda de prensa convocada por ALCER para presentar as súas actividades con motivo do Día Mundial do Ril (o 14 de marzo), que este ano levará por lema: “Saúde renal para todo o mundo en todos os sitios”.

  • 19.00 horas. Centro Cívico A Ponte.
    Obradoiro de Biodanza Chea de Vida, enmarcado dentro das actividades do #8M organizadas polo Concello de Ourense.
    Imparte: Mari Fidalgo. Psicóloga e facilitadora de Biodanza SRT. Todos os martes desde o 12 de marzo ao 11 de xuño (12 sesións)

  • 19:30 horas. Praza de San Brais (As Curuxeiras) O alcalde de Ourense e membros da Corporación municipal asistirán ao acto de homenaxe ás vítimas do 11-M, organizado pola Asociación de Veciños As Laxas.

  • 11:00 horas. Praza Maior. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a concelleira de Igualdade, Sofía Godoy e o concelleiro de Deportes, Mario Guede, asisten á carreira non competitiva 'Son libre para correr'.
    Organiza: Asociación deportiva Club Box 001
    Carreira de 5 kms para homenaxear a todas as corredoras.
    Percorrido: Praza Maior, Colón, Lugo, Xulio Prieto Nespereira, Hernán Cortés, Praza do Trigo, Cardenal Cisneros, La Unión, Rúa dos Fornos, Praza do Ferro, Sto. Domingo, Parque de S. Lázaro, Cardenal Quevedo, Alfonso R.Castelao, Paseo do Mestre Vide, Curros Enríquez, Parque San Lázaro, Rúa do Paseo, Lamas Carvajal, e Praza Maior.

  • 09:30 horas. Confederación de Empresarios de Ourense (Praza das Damas).
    O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste á inauguración da 32 Asemblea Nacional da Federación Española de Amigos do Camiño de Santiago. Asisten, entre outros, Román Rodríguez, conselleiro de Cultura; José Luis Rodríguez Cid, presidente da Asociación de Amigos do Camiño Mozárabe - Vía da Plata; Luis Gutiérrez Perrino, presidente da Federación Española de Amigos do Camiño de Santiago.

  • 11.00 horas (Centro Cívico Colón) DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. O alumnado dos cursos de “Coaching para maiores: Entrenamento da mente en eficacia persoal e social ” e “ Animación creativa á lectura e escritura para maiores” , do Programa de Envellecemento Activo 2018/19, da área de Asuntos Sociais do Concello de Ourense, xunto coa súa monitora celebran o Día Internacional da muller cunha representación de distintas situacións baseadas na vida real dos/as participantes, nas que a muller é a protagonista.
    Primeiro realizarán unha serie de “gags”, nos que escenificarán diferentes situacións reales, vividas por eles e elas que reflexan tanto a igualdade como a desigualdade entre homes e mulleres, que se repiten con certa frecuencia ó longo da nosa vida cotiá. Representarán primeiro a escea no momento no que ocurríu, nas décadas dos anos 60 e 70, para logo representar a mesma situación na actualidade, facendo visibles os cambios de actitude cara as mulleres na súa loita pola igualdade. Remataráse o acto cun brinde pola muller e a igualdade, polos avances conseguidos polas mulleres no ámbito da igualdade ao longo dos anos.

  • 08:30 horas. Sala de Xuntas da Alcaldía. Só gráficos. Xunta de goberno local.