Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • 09:00 horas. Parador dos Reis Católicos.
    O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez asiste ao acto do Fórum Europa Tribuna de Galicia, organizado por Nova Economía Fórum, que contará coa intervención da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar.

  • 08:30 horas.Sala de Xuntas da Alcaldía. Só Gráficos.
    Xunta de Goberno Local.

  • 09:00 horas. Salón de Plenos. Pleno extraordinario.
    Proposta do Grupo Municipal de Democracia Ourensana para instar á Xunta de Goberno Local a dar inmediato cumprimento á execución da sentenza xudicial ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo Nº 2 de Ourense e, en consecuencia, resolver o expediente de revisión e declarar nulas de pleno dereito as licenzas de legalización da construción, uso e apertura do subsolo da praza de San Antonio, como paso previo e inescusable para a súa recuperación polo Concello.

  • 10.30 horas + 12.00 horas. Auditorio de Ourense. Language Planning, de Os Quinquilláns. Duración, 50′ Sinopse: Dous membros da LP, Language Planning, acaban de chegar a terras galegas coa finalidade de impoñer unha solución definitiva á problemática lingüística. Montaxe teatral de carácter cómico e retranqueiro a partir de diferentes investigacións sociolingüísticas e de relatos de Made in Galiza de Sechu Sende.
    Actividade do Servizo de Normalización Lingüística para escolares.

  • 10:30 horas. Salón de Plenos, Casa do Concello.
    O alcalde de Ourense, jesús Vázquez, e o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, presentan o Proxecto Ourense Activa, que impartirá formación teórico práctica a mozos / as de menos de 30 anos co obxectivo da súa inclusión laboral.

  • 10.30 horas (Só Gráficos, Alcaldía) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez recibe a embaixadora de Costa Rica, a Excma. Sra. Ana Helena Chacón Echevarría.

  • 8.30 horas (SÓ GRÁFICOS, Alcaldía) Xunta de goberno local.

  • 12:30 horas (Expourense) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, participa na inauguración da 20ª Edición de Xantar 2019, Salón Internacional de Turismo Gastronómico.

  • 11.00 horas (Campus As Lagoas. Salón de graos do Edificio de Facultades, 4ª Planta). O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, participa na presentación do "I Simposio Internacional de Ciliopatías e síndrome de Bardet Bield", xunto a José Carlos Pumar presidente de Anasbabi e do Comité Organizador; e Esther de Blas, vicerreitora do campus e vicepresidenta do Comité Organizador.

  • 12:00 horas (Expourense) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, participa na presentación da 20ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se desenvolverá desde o día 6 ao 10 de febreiro en Expourense. O acto contará tamén coa asistencia de Marisol Díaz Mouteira, delegada territorial da Xunta de Galicia; Rosendo L. Fernández Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense e Alejandro Rubín Carballo, director xerente de Expourense e director de Xantar.