Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

08:30 horas (Sala Valente). #OurenseconLuzPropia. Actividades de conciliación familiar no Nadal. Infantil de 11 a 13:30 horas e Primaria de 08:30 a 14:30 horas.

Programa de actividades Ourense con luz propia.

10:30 horas (Ponte Vella, rúa das Caldas) O Concello e Ecourense inician a campaña divulgativa e de sensibilización "En Ourense presumimos dun Nadal Ecolóxico". Unha comitiva de Reis Magos Ecolóxicos, acompañados polos seus paxes percorrerán as principais rúas e barrios da cidade

11:00 a 18:00 horas (Alameda) POpUp Stores de Nadal.

Mercados efímeros unidos á música e comida na rúa (concertos, exposicións, animación infantil, magos e os personaxes típicos do Nadal como Papá Noel).

10:00 horas (Aula da Natureza de Oira). O alcalde, Jesús Vázquez, visita o comezo das actividades de conciliación na aula da natureza en horario de mañá e tarde de 10h a 13h e de 16:15h a 19h. Actividades relacionadas coa natureza e o medio ambiente. Estas actividades rematan o día 5 de xaneiro. Nenos e nenas de 6 a 12 anos.

08:30 horas (Sala de Xuntas da Alcaldía. Só gráficos). Xunta de Goberno Local

10:00 horas (Salón de Plenos). Rolda de prensa de presentación do XXXII Torneo Aberto de Xadrez “Aninovo-Barrocás”. Asisten o alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro Mario Guede.

10:00 horas (CIFP Portovello) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, visita o CIFP Portovello, onde alumnas e alumnos de Comercio organizan unha simulación de centro comercial.

10:00 horas (CEIP Manuel Luis Acuña). O alcalde, Jesús Vázquez, visita o colexio da gañadora do concurso de postais do Concello de Ourense.

12:00 horas (Igrexa de Cudeiro). Inauguración do retablo restaurado. Asiste o alcalde, Jesús Vázquez.