Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • 09:00 horas. Sede da FEMP (Nuncio 8, Madrid).
    O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, preside a Comisión de Modernización da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Só graficos

  • 10,00 e 12,00 horas (Auditorio) Teatro en inglés: representación da obra Hansel and Gretel, para alumnado de Educación infantil e 1º e 2º de Primaria A Concellería de Educación por cuarto ano consecutivo oferta á cativada a posibilidade de asistir a unha obra de teatro integramente en inglés acompañada dun posterior coloquio e dunha unidade didáctica con divertidas actividades e cancións para preparar tanto o contido como o vocabulario da obra os días previos en clase de inglés e sacar así o maior rendemento posible á actividade. Está previsto que asistan en total 1100 alumnos e alumnas de 20 centros de ensino da cidade

  • 09:00 horas. Salón de plenos.
    Sesión extraordinaria do Pleno do Concello de Ourense. Punto único: Aprobación do convenio de colaboración específico entre a Secretaría Xeral do Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, para a realización de obras conxuntas no Pavillón dos Remedios desta cidade.

  • 8:30 horas. Alcaldía, só gráficos. Xunta de Goberno Local.

  • 10:30 horas. R/ Fermín Bouza Brey, nº 6 (Barrio de Covadonga)
    O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto; Heriberto García Porto, director Xeral do IGVS; a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, e os concelleiros José Jesús Cudeiro e Flora Moure visitarán as obras das 8 vivendas de Protección Pública que se están a construir nesta rúa. Mª Ángeles Mosqueira, Xefa do Servizo da área provincial do IGVS de Ourense explicará ás obras. Haberá declaracións aos medios.

  • 08:30 horas. Alcaldía (Só gráficos).
    O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recibe ao ministro de Turismo de Ecuador, Enrique Ponce de León Román.

  • 10:00 horas. A Purísima.
    Charla sobre Alfabetización Enerxética, organizada pola Concellería de Educación.
    Trátase dun obradoiro básico de alfabetización enerxética en relación coas nosas vivendas, edificios e o uso que facemos dos mesmos a hora de habitalos. As características dos edificios pasivos (edificios de consumo case nulo) responden a principios moi básicos de física, enerxía e sentido común. Tan básicos que os entendería un neno de 6 anos, e bastaría so un día para introducilos nas súas mentes, a pesar de que gran parte da sociedade viva ignorante e allea a eles. Participarán un total de 281 alumnos dos distintos colexios, comezando o mércores 7 de novembro.

  • 11:30 horas. Parlamento de Galicia.
    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reunirase co alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, no seu despacho. Haberá declaracións ao remate.

  • 12.30h (SÓ GRÁFICOS, Adega de As Caldas) O concelleiro de Turismo, Jorge Pumar e o presidente da Unión de Hostaleiros de Ourense, Javier Outomuro asisten ao inicio do concurso Sabores de Ourense, na súa edición número 11, que se desenvolve do 5 ao 18 de novembro na cidade, coa participación de 51 locais de hostalaría. O pincho inaugural degustarase na Adega das Caldas, local que representou a Ourense no certame De Tapas x Galicia, promovido por Turismo de Galicia