Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

No concelleiro e membro da Xunta de Goberno local don José Miguel Caride Domínguez, o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jacome delega o exercicio das seguintes atribucións en relación coa Área de Infraestruturas, Mobilidade e Transporte:

  Infraestruturas: comprende,

  Mantemento e conservación ordinaria das vías públicas.

  Mobiliario urbano.

  Enxeñeria e cartografía.

  Control de obras.

  Servizo de augas: comprende;

  Augas e saneamento.

  Servizo Eléctrico: comprende;

  Alumeado público e máis o seu mantemento; aforro e eficiencia enerxética.

  Xestión de novas instalación de enerxías alternativas e eficiencia enerxética.

  Transporte público e mobilidade.

No concelleiro e membro da Xunta de Gobierno local, don Armando Ojea Blanco, o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome, delega o exercicio das seguintes atribucións en relación coa Área de Recursos Humanos:

  Recursos Humanos

No concelleiro don Mario González Sánchez, o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome delega o exercicio das seguintes atribucións en relación coa Área de Cultura:

  Cultura:

  Museos, festas, festival de cine, auditorio e espazos expositivos dependentes da Concellería de Cultura.

  Normalización lingüística.

Na concelleira e membro da Xunta de Goberno local dona María Teresa Rodríguez Garrido, o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome delega o exercicio das seguintes atribucións en relación coa Área de Educación, Promoción económica, Recursos europeos e Formación ocupacional:

  Educación; comprende:

  Universidade.

  Escolas infantís.

  Programas dirixidos á comunidade educativa e programas dirixidos á poboación en xeral, nos que se inclúe a Universidade Popular, a Aula da Natureza, a Escola de Artes Escénicas, a Escola Municipal de Idiomas e as Bibliotecas Municipais.

  Limpeza de centros educativos e mantemento de servizo de conserxería dos CEIPs.

  Promoción Económica, industria, emprego e recursos europeos; comprende:

  Centro de Iniciativas Empresariais.

  Centro de coñecemento "A Molinera".

  Formación Ocupacional; comprende:

  Escolas taller e obradoiros de emprego.

Na concelleira e membro da Xunta de Goberno local dona Ana Isabel Rebanales Rodríguez, o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jacome delega o exercicio das seguintes atribucións en relación coa Área de Seguridade Cidadá e Comercio:

  Seguridade Cidadá: comprende,

  Policía Local.

  Tráfico e expedientes sancionadores.

  Servizo de extinción de Incendios.

  Protección civil.

  Comercio: comprende,

  Mercados.

  Prazas de abastos.

  Comercio local.

  Matadoiro.

Na concelleira e membro da Xunta de Goberno local dona Eugenia Díaz Abella, o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome delega o exercicio das seguintes atribucións en relación coa Área de Política Social:

  Asuntos Sociais; comprende:

  Servizos sociais comunitarios básicos e servizos sociais comunitarios específicos e os seus equipamentos.

  Fogar do Transeúnte.

  Gardería monoparetal.

  Centros cívicos.

  Programas de integración sociolaboral dirixidos a colectivos en risco de exclusión social, inmigrantes, discapacitados, minorías étnicas, de favorecemento da conciliación e apoio a estrutura familiar, e envellecemento activo de maiores.

  Limpeza e mantemento de centros sociais (centros cívicos, Casa da Maxía, Casa da Mocidade).

  Saúde:

  Servizos mortuorios e cemiterios.

  Prevención sanitaria.

  Unidade de Condutas Aditivas.

  Aula de saúde.

  Unidade de día.

  OMIC (Oficina Municipal de Información ao Consumidor).

  Protectora de animais.

  O exercicio das competencias que á Alcaldía lle atribúe a Lei 11/2010, do 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, ou normativa que a substitúa.

  O exercicio das competencias que á Alcaldía lle atribúe a Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañia de Galicia, ou norma que a substitúa.

  Muller e Igualdade:

  Muller (inclúe Centro de Información á Muller e Casa de Acollida).

  Políticas de Igualdade.

Na concelleira e membro da Xunta de Goberno local dona Sonia Ogando Vázquez, o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome delega o exercicio das seguintes atribucións en relación coa Área de Urbanismo, Vivenda e Patrimonio:

Intervención na edificación e uso do solo. Disciplina urbanística, comprende:

  Disciplina urbanística. Inclúe todas as competencias que lle corresponde á Alcaldía recollidas no Capitulo III do Título VI da Lei 2/2016 do solo de Galicia, agás as que se lle delegan na Xunta de Goberno local no apartado segundo desta resolución.

  A tramitación e resolución de expedientes sancionadores pola comisión de infraccións urbanísticas derivadas do incumprimento da Ordenanza municipal reguladora da publicidade exterior mediante carteis, carteleiras ou valados publicitarios.

Ruina inminente (art. 141.5 da Lei do solo de Galicia).

  Fomento da edificación, conservación e rehabilitación.

  Inspección Técnica de Edificios.

  Réxime disciplinario en materia de contaminación acústica.

  Rexistro de solares.

  Planeamento urbanístico e xestión; comprende:

  Planeamento urbanístico.

  Xestión urbanística.

  Arqueoloxía.

  Expropiacións urbanísticas.

  Vivenda de protección pública e rehabilitación da edificación; comprende:

  Vivenda de protección pública.

  Áreas de Rehabilitación e Rexeneración Urbana.

  Plans Especiais de Protección e/ou de Reforma Interior.

  Subvencións municipais en materia de conservación e rehabilitación de edificacións.

  Patrimonio municipal; comprende:

  Patriminio Municipal do solo (PMS)

  Inventario de bens.

  Responsabilidade patrimonial

Na concelleira e membro da Xunta de Goberno local dona Ana María Fernández Morenza, o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jacome delega o exercicio das seguintes atribucións en relación coa Área de Facenda e Contratación:

  Facenda; comprende:

  fiscalización

  recadación

  xestión orzamentaria

  contabilidade

  inspección de rendas.

  Contratación.

  Compras e subministros; comprende:

  Oficina de compras.

No concelleiro don José Mario Guede Fernández, o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jacome delega o exercicio das seguintes atribucións en relación coa Área de Deportes:

  Deportes

  Presidencia do Consello Municipal de Deportes

No concelleiro e membro da Xunta de Goberno local don Jorge Pumar Tesouro, o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jacome delega o exercicio das seguintes atribucións en relación coa Área de Medio Ambiente, Perímetro rural e Cooperación institucional:

  Medio ambiente e parques e xardíns, comprende:

  Medio ambiente (control e calidade ambiental e sustentibilidade).

  Limpeza de terreos en solo rústico e urbano, e prevención e defensa contra os incendios forestais (Lei 3/2017, do 9 de abril, e normativa de desenvolvemento e ordenanzas municipais).

  Parques e xardíns.

  Limpeza viaria.

  Perímetro rural; comprende:

  Mantemento e conservación ordinaria das vías públicas do perímetro rural.

  Mobiliario urbano no perímetro rural.

  Enxeñería e cartografía no perímetro rural.

  Control de obras no perímetro rural.

  Cooperación Institucional

Na concelleira e membro da Xunta de Goberno local dona Flora Moure Iglesias, o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jacome delega o exercicio das seguintes atribucións en relación coa Área Participación Cidadá, Xuventude, Turismo e Termalismo:

  Participación cidadá.

  Xuventude; comprende:

  Casa da Mocidade.

  Voluntariado.

  Turismo.

  Termalismo.