Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Na actualidade, a Comisaria de Ourense conta coa Sala do 091, en funcionamento 24 horas ao día, 365 días ao ano, que atenden a máis de 100.000 veciños na cidade de Ourense.

Estas salas son o órgano de coordinación operativa por excelencia, como servicio máis próximo ao cidadán, que recibe os avisos dos cidadáns e distribúe os efectivos policiais, e están dotadas de avanzados equipos de comunicacións e medios técnicos para afrontar con eficacia as situacións de emerxencia.

Na área de telefonía, os axentes atenden as chamadas, recollen os datos precisos e activan de forma telemática os recursos necesarios para resolver a incidencia. O tempo medio de espera das persoas que solicitan o auxilio policial a través do 091 ata que a súa chamada é atendida sitúase en torno aos 6 segundos.

A zona de radio é a que recibe a información do suceso a través dos operadores e se encarga de contactar coas patrullas máis próximas ao lugar onde se require a presenza de axentes co obxectivo de diminuír os tempos de resposta policial.

Os operadores da sala do 091 son os responsables de comisionar os servizos e requirimentos operativos ás unidades e dotacións en servizo. Tamén centralizan e dan resposta ás peticións e consultas ás bases de datos de interese policial solicitados polos axentes en servizo, e transmiten as instrucións oportunas relativas ao cumprimento das normas de aplicación das ordes xudiciais de afastamento e protección das vítimas de violencia de xénero. Ademais, dende este centro de operacións asúmese a coordinación operativa en caso de situacións de risco inmediato, emerxencias e dispositivos especiais.

Temos noticias a través dos Sindicatos Policiais e dos veciños afectados de que o Goberno pretende trasladar A Coruña a Sala do 091 de Ourense ( e tamén a de Lugo), o que mermaría de maneira importante o movemento e eficacia deste servizo prexudicando a seguridade da nosa cidade, debido á cercanía e ao coñecemento que deben ter os axentes da zona de influencia. Sendo este un servizo que require de proximidade para que o tempo de reacción sexa o máis rápido posible, cun coñecemento exacto de cada rincón de Ourense.

Así mesmo, a Comisaría de Policía Nacional de Ourense conta cun déficit de 49 axentes, o cal fai necesario e urxente cubrir o total da plantilla.

Por todo iso, presentamos para a súa aprobación desta corporación municipal a seguinte proposta de ACORDO:

  1. Instar ao goberno do Estado a manter a Sala do 091 da Policía Nacional na Comisaría de Ourense, e así mesmo aumentar os medios humanos e materiais cos que conta dita Comisaría provincial.

O Pleno do Concello, por dezaoito votos a favor do Grupo Municipal do Partido Popular, do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, do Grupo Municipal de Ciudadanos e do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, e oito abstencións do Grupo Municipal Socialista, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

  4/06/2020: Remitido acordo plenario a dona Flora Moure Iglesias. Recibido aviso de recepción o 5/06/2020.

 

Documentos: