Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

 

O Espazo Lusquiños foi deseñado e materializado baixo o mandato do bipartito do PSOE e BNG 2007-2012 e enmarcado dentro do coñecido Plan E, que permitiu o investimento de 650.000 euros para a súa construción na Avenida de Marín núm. 16 do barrio da Ponte en Ourense. O edificio con dúas plantas, unha planta baixa con catro locais de ensaio, un estudo de gravación equipado, unha sala de audiovisuais e outra de proxeccións; e un primeiro andar con dúas salas máis e un pequeño auditorio cunha capacidade para 100 persoas.

O local municipal tivo inicialmente bastantes dificultades para a súa apertura ao público, a cal se demorou ata o mes de maio de 2015 e a posta en marcha real correspondeulle xa ao goberno municipal en minoría do Partido Popular.

Ao principio e pese á carencia de persoal existente, a actividade programada no Lusquiños resultaba de calidade e o espazo comezaba a converterse no que debía ser, o centro neurálxico da xuventude de Ourense. Sen embargo, a situación comezou a mudar de maneira paulatina a finais do anterior mandato para terminar de desaparecer a actividade case por completo no actual.

 

O novo regulamento para o funcionamento do Espazo Lusquiños segue aínda pendente de aprobar e poñer en marcha, pese a que exista dende hai meses unha comisión para a súa redacción e aprobación; programas xuvenís coma o OcioOurense (subvencionado polo Ministerio de Sanidade e que non se solicitou por parte do Concello nos últimos anos), ou o Ourense Xove, non teñen sequera dotación orzamentaria, non existe un Consello Municipal de Xuventude a nivel local para dar participación e voz á xuventude da cidade no día a día do noso concello.

É evidente que o novo goberno bipartito municipal non entende o colectivo xuvenil coma unha prioridade, por este motivo, nós consideramos que deben implementarse a nivel local as infraestruturas das que dispoñemos para eles, a oferta de actividades e tamén regular a súa participación social e facilitar o seu acceso ás compras no comercio local, aos eventos culturais e deportivos da nosa cidade e tamén a alternativas de ocio, que poden chegar a evitar outros problemas sociais de maior dimensión neste colectivo, como por exemplo a adicción ás drogas ou o fenómeno do “botellón”.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista presenta neste Pleno, para a súa aprobación, a seguintes propostas de ACORDOS:

  1. 1.Instar ao Goberno Municipal a que se comprometa a dotar de máis persoal o Espazo Lusquiños da Mocidade de Ourense e aumentar a oferta de actividades e programas xuvenís da Concellería deXuventude.

 

  1. 2.Instar ao Goberno Municipal a que coa maior axilidade posible se proceda á aprobación da modificación do Regulamento do Espazo Lusquiños para a optimización na prestación de servizos deste espazo de referencia para a xuventude dacidade.

 

  1. 3.Instar ao Goberno Municipal a que constitúa e poña en marcha o Consello Municipal de Xuventude do Concello de Ourense para fomentar a participación e integración deste colectivo nas accións municipais a levar adiante no futuro e así tamén poder escoitar, solucionar trasladar as súas demandas.

 

O Pleno do Concello, por unanimidade dos concelleiros asistentes, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

  6/10/2020: Remitido acordo plenario a don Armando Ojea Bouzo. Recibido aviso de recepción o 7/10/2020.

 

Documentos: