Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O do concello de Ourense daría para unha serie de televisión, do tipo “cuarto milenio” (non o dicimos so porque haxa un espectro á fronte da alcaldía). So desde un programa destas características se pode explicar como pode desaparecer documentación dos expedientes. Non é a primeira vez. Se facemos memoria, lembraremos o que aconteceu co expediente da cafetería “La Central”, a raíz do cal, creouse unha comisión de investigación.

Vimos de coñecer a través dos medios de comunicación, outro caso de volatilización, en relación cun edificio construido a carón da igrexa dos Franciscanos, no Parque de San Lazaro. Pasaron 3 anos, logo de rematar as obras, e de entregar toda a documentación, e os promotores, aos que esta situación lle está a provocar un enorme perxuizo económico, aínda agardan por unha licenza, e tamén por unhas explicacións, que non dan chegado.

A promotora, cansa de agardar, decidiu acudir á vía xudicial, como única alternativa na salvagarda dos seus intereses.

A nós non nos corresponde valorar se os feitos denunciados puideran ser, ou non, constitutivos dalgún ilícito penal. Iso xa se verá, máis o que parece evidente é que en toda a cadea de custodia do expediente, cando menos existiu neglixencia.

O BNG xa pediu nunha hai máis dun 1 mes, nunha Xunta de Area de Urbanismo, en relación con esta cuestión, que se creara unha comisión de investigación. Nada se fixo ao respecto. Razón pola cal, o grupo municipal do BNG, traslada, novamente, esta cuestión ao pleno do concello para o seu debate e aprobación, se procede.

Por todo o anterior, o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense solicita do pleno da corporación a adoción do seguinte

ACORDO

1. O pleno do concello insta ao goberno municipal a que, en relación cos feitos denunciados por parte dun promotor urbanístico, en relación coa desaparición de documentación do seu expediente, cree unha comisión de investigación que arroxe luz sobre esta cuestión, a efectos de determinar a existencia, ou no de posibeis responsabilidades.

 

O Pleno do Concello, por catorce votos a favor do Grupo Municipal Socialista, do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego e Gonzalo Pérez Jácome e Armando Ojea Bouzo do Grupo Municipal de Democracia Ourensana e Manuel Telmo Ucha Álvarez, concelleiro non adscrito; once votos en contra do Grupo Municipal do Partido Popular e do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, agás Gonzalo Pérez Jácome e Armando Ojea Bouzo; e dúas abstencións do Grupo Municipal de Ciudadanos, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

 

  23/10/2020: Remitido acordo plenario a D. Armando Ojea Bouzo. Recibido aviso de recepción o 23/10/2020.

 

Documentos: