Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

 

Exposición de motivos:

Por todos é coñecida a situación de gravidade que están a sufrir numerosos sectores da cidade por mor da COVID-19 e as medidas establecidas para controlar esta pandemia. Entre eses sectores, atópanse de forma especialmente damnificada os locais de lecer nocturno e o resto de empresas relacionadas con este sector, cuxa actividade económica segue, a día de hoxe, paralizada.

A situación de crise sanitaria fixo que ao redor dun 60% das empresas de lecer nocturno en toda España fosen abocadas á quebra. Este tipo de lecer supón unha parte moi importante da economía nacional ao representar o 1,8% do PIB e preto de 300.000 familias viven deste sector, estratéxico para o turismo do país.

Na actualidade, e tal e como se están desenvolvendo os feitos, vemos que as medidas tomadas en canto ás empresas de lecer nocturno son claramente insuficientes para paliar a situación, e polo momento desde o Goberno Central non se previron ningún tipo de medidas de apoio que faciliten a saída da crise dos empresarios do sector.

Como municipio cunha especial vinculación co tecido económico comercial, require de medidas de impulso e reactivación tras o cero produtivo sufrido nos últimos meses, que provocou o peche de numerosos locais e a situación límite na que se atopan moitos outros.

É por iso que consideramos que se deben aplicar novas solucións que de forma extraordinaria permitan a este tipo de locais vías alternativas para a reactivación do seu negocio, como é o caso da concesión de licenzas de bar e/ou cafetería. Con esta medida temporal os locais de lecer nocturno poderían abrir os seus locais cumprindo coa normativa ditada para bares e restaurantes e, polo menos paliar en boa medida as perdas xeradas polo peche total.

Proposta para a súa aprobación

1.- Instar ao Goberno Central para a elaboración dun Plan de Apoio para o Sector da Hostalería e do Lecer Nocturno, que entre outras medidas contemple a extensión do aprazamento dos tributos e da Seguridade Social e das moratorias sobre os préstamos persoais, a recuperación da prestación extraordinaria por cesamento de actividade para os autónomos que teñan que pechar o seu negocio ou vexan esborrallarse os seus ingresos polas restricións que sexan decretadas polas autoridades sanitarias e a ampliación das axudas extraordinarias para os ERTEs ata o momento no que se poida recuperar a situación previa ao impacto da crise do COVID-19.

2.- Modificar a correspondente normativa local e/ou autonómica, no seu caso, para permitir a concesión de licenzas, extraordinarias e temporais como bar e/ou cafetería, aos locais de lecer nocturno, co fin de que estes empresarios poidan desenvolver a súa actividade nestas circunstancias excepcionais ao amparo dunha dobre licenza e que as mesmas poidan ser concedidas dunha forma áxil, minimizando os procesos administrativos e contribuíndo ao mantemento da actividade económica e do emprego no sector.

3.- Conceder, así mesmo, como resultado da autorización das licenzas referidas no punto anterior, os correspondentes permisos de uso do espazo público para a colocación de terrazas por parte dos establecementos interesados.

Emenda presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular

EMENDA DE SUSBTITUCIÓN:

TEXTO INICIAL :

1.- Instar ao Goberno Central para a elaboración dun Plan de Apoio para o Sector da Hostalería e do Lecer Nocturno, que entre outras medidas contemple a extensión do aprazamento dos tributos e da Seguridade Social e das moratorias sobre os préstamos persoais , a recuperación da prestación extraordinaria por cesamento de actividade para os autónomos que teñan que pechar o seu negocio ou vexan esborrallarse os seus ingresos polas restricións que sexan decretadas polas autoridades sanitarias e a ampliación das axudas extraordinarias para os ERTEs ata o momento no que se poida recuperar a situación previa ao impacto da crise do COVID-19.

2.- Modificar a correspondente normativa local e/ou autonómica, no seu caso, para permitir a concesión de licenzas, extraordinarias e temporais como bar e/ou cafetería, aos locais de lecer nocturno, co fin de que estes empresarios poidan desenvolver a súa actividade nestas circunstancias excepcionais ao amparo dunha dobre licenza e que as mesmas poidan ser concedidas dunha forma áxil, minimizando os procesos administrativos e contribuíndo ao mantemento da actividade económica e do emprego no sector.

3.-Conceder, así mesmo, como resultado da autorización das licenzas referidas no punto anterior, os correspondentes permisos de uso do espazo público para a colocación de terrazas por parte dos establecementos interesados.

SUBSTITUCIÓN:

1.- Instar ao Goberno Central para a elaboración dun Plan de Apoio para o Sector da Hostalería e do Lecer Nocturno, así como Comercio e Turismo, que entre outras medidas contemple a extensión do aprazamento dos tributos e da Seguridade Social e das moratorias sobre os préstamos persoais , a recuperación da prestación extraordinaria por cesamento de actividade para os autónomos que teñan que pechar o seu negocio ou vexan esborrallarse os seus ingresos polas restricións que sexan decretadas polas autoridades sanitarias e a ampliación das axudas extraordinarias para os ERTEs ata o momento no que se poida recuperar a situación previa ao impacto da crise do COVID-19, e que o Estado, nos seus Orzamentos Xerais, inclúa axudas directas a estes sectores.

NOVA REDACCION FINAL:

1.- Instar ao Goberno Central para a elaboración dun Plan de Apoio para o Sector da Hostalería e do Lecer Nocturno, así como Comercio e Turismo, que entre outras medidas contemple a extensión do aprazamento dos tributos e da Seguridade Social e das moratorias sobre os préstamos persoais , a recuperación da prestación extraordinaria por cesamento de actividade para os autónomos que teñan que pechar o seu negocio ou vexan esborrallarse os seus ingresos polas restricións que sexan decretadas polas autoridades sanitarias e a ampliación das axudas extraordinarias para os ERTEs ata o momento no que se poida recuperar a situación previa ao impacto da crise do COVID-19, e que o Estado, nos seus Orzamentos Xerais, inclúa axudas directas a estes sectores.

2.- Modificar a correspondente normativa local e/ou autonómica, no seu caso, para permitir a concesión de licenzas, extraordinarias e temporais como bar e/ou cafetería, aos locais de lecer nocturno, co fin de que estes empresarios poidan desenvolver a súa actividade nestas circunstancias excepcionais ao amparo dunha dobre licenza e que as mesmas poidan ser concedidas dunha forma áxil, minimizando os procesos administrativos e contribuíndo ao mantemento da actividade económica e do emprego no sector.

3.-Conceder, así mesmo, como resultado da autorización das licenzas referidas no punto anterior, os correspondientes permisos de uso do espazo público para a colocación de terrazas por parte dos establecementos interesados.

O Pleno do Concello, por dezaseis votos a favor do Grupo Municipal do Partido Popular, do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, e do Grupo Municipal de Ciudadanos; e once abstencións do Grupo Municipal Socialista e do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

 

  23/10/2020: Remitido acordo plenario a D. Armando Ojea Bouzo. Recibido aviso de recepción o 23/10/2020.

 

Documentos: